MUNICIPAIS 2015

O BNG denuncia na Xunta electoral aos gobernos de Betanzos e Bergondo

BNG-Asembleas abertas denunciou ante a Xunta Electoral de Betanzos aos gobernos municipais de Betanzos e Bergondo, os dous do PSOE, por impedir o acceso aos locais sociais cedidos para actos electorais.

O BNG denuncia na Xunta electoral aos gobernos de Betanzos e Bergondo

Betanzos, 10 de maio de 2015. O BNG-Asembleas abertas denunciou ante a Xunta Electoral de Betanzos aos gobernos municipais de Betanzos e Bergondo, os dous do PSOE, por impedir o acceso aos locais sociais cedidos para actos electorais.

“Nos dous casos, á hora concedida para a celebración dos encontros coa veciñanza, no caso de Betanzos en Guiliade e no de Bergondo en Vixoi, ninguén do Concello apareceu para abrir os locais municipais que estaban cedidos á Xunta electoral e podían ser solicitados por calquera partido político”, explicou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas.

“Nos dous casos, á hora concedida para a celebración dos encontros coa veciñanza, no caso de Betanzos en Guiliade e no de Bergondo en Vixoi, ninguén do Concello apareceu para abrir os locais municipais que estaban cedidos á Xunta electoral e podían ser solicitados por calquera partido político”

“En Vixoi o acto finalmente celebrouse na porta do local social, xa que ninguén se preocupou de abrilo e non hai patrulla da policia local polas tardes á que se poida avisar”, engadiu. “En Guiliade as persoas que viñeron ao encontro marcharon sen que se puidese celebrar e a policia local desculpouse indicando que non tiña chave do local municipal para poder abrilo”.

“Parécenos que é unha falta total de respecto ás formas democráticas por parte do PSOE, que non pon a disposición todos os locais públicos nin moito menos para a campaña electoral aínda que estean baleiros como o caso da Aula de cultura de Betanzos, e os que pon a disposición tampouco se preocupa de que se poidan utilizar”, criticou a responsábel nacionalista. “Non sabemos se cando se trata de actos do PSOE tamén se esquecen de abrir os locais ou non”, ironizou.

O BNG denuncia na Xunta electoral aos gobernos de Betanzos e Bergondo