O BNG celebrou un “café feminista” dentro da súa campaña polo 8M

Iria Carreira: “O feminismo é hoxe máis necesario ca nunca, porque estamos vendo como se cuestionan dereitos que críamos consolidados”

O BNG celebrou un “café feminista” dentro da súa campaña polo 8M

Betanzos, 6 de marzo de 2026. O BNG celebrou esta tarde en Betanzos un encontro público coa presenza de Iria Carreira, deputada do BNG no Parlamento de Galiza, sobre cuestións de actualidade como o auxe da extrema dereita, os retrocesos en materia de igualdade e a necesidade de reforzar a educación afectivo-sexual entre a mocidade.

Este “café feminista” encádrase dentro da campaña do BNG en relación có 8M, que baixo o lema “Mulleres á fronte” busca chamar a atención sobre os discursos da extrema dereita e os riscos de retrocesos en igualdade. 

“O feminismo é hoxe máis necesario ca nunca, porque estamos vendo como se cuestionan dereitos que críamos consolidados”, sinalou Iria Carreira, nun encontro que  quere chamar a atención sobre “a necesidade de avanzar en políticas feministas con coherencia e determinación”. 

O 8M “non é unha data illada no calendario, é un proceso de mobilización permanente”,  e desde o BNG apostamos por “abrir espazos de debate, análise e acción colectiva para fortalecer o feminismo tamén no rural e nas vilas”. "Non chega con xestos simbólicos. Fan falta políticas públicas valentes, recursos e compromiso real para combater as desigualdades estruturais”, concluíu. 

O BNG celebrou un “café feminista” dentro da súa campaña polo 8M