MUNICIPAIS 2015
O BNG propón abrir un centro de día público en Bergondo
O BNG-Asembleas Abertas celebrou esta tarde un encontro coa veciñanza da parroquia de Vixoi, no que participou o candidato á alcaldía, David Carro.
Bergondo, 9 de maio de 2015. O BNG-Asembleas Abertas celebrou esta tarde un encontro coa veciñanza da parroquia de Vixoi, no que participou o candidato á alcaldía, David Carro. A construcción dun centro de día público no noso concello é unha necesidade urxente que non foi atendida nin polo goberno local do PSOE nin pola Xunta do PP, asegurou Carro Temprano.
O nacionalista asegurou que o benestar das persoas maiores é algo máis que organizar un par de festas e tres excursións. A prioridade ten que ser atender ás persoas e cubrir as súas necesidades, non facer un día de festa para olvidar as penas, explicou. Por este motivo, desde BNG-Asembleas Abertas propoñen mellorar o servizo de axuda no fogar e instaurar o servizo de xantar na casa, para aquelas persoas que precisan axuda mais poden seguir vivindo na súa casa.
Tamén consideramos necesario crear un servizo de préstamo de camas articuladas, cadeiras de rodas, , indicou o candidato a alcaldía polo BNG Asembleas Abertas David Carro. Neste sentido, o nacionalista engadiu que o noso compromiso é romper coas políticas de recortes do PP e facerlles fronte desde o Concello, coa insubmisión do Concello se é preciso, para defender o dereito á vida digna de todas as veciñas e veciños.
Ademáis, dende o BNG Asembleas Abertas propoñen a creación dun banco de alimentos e productos de primeira necesidade, así como un comedor social e axudas ao copagamento de medicinas para as persoas sen recursos, entendemos que estos servizos son un dereito, non un acto de beneficencia, e hai que garantirlle unhas condicións dignas aos nosos veciños e veciñas explicou David Carro.
Claros e concretos, desenvolveremos medidas concretas para combater a pobreza e a exclusión social e deixaremos de traballar con entidades financeiras que executen desafiuzamentos, finalizou.