MUNICIPAIS 2015

O BNG reclama melloras na seguridade viaria en Cortiñán

David Carro Temprano, candidato á alcaldía de Bergondo

O formigueiro do BNG - Asembleas Abertas chegou esta tarde ata Cortiñán, onde o candidado a alcaldia David Carro e outros membros da súa candidatura se comprometeron coa veciñanza a traballar para incrementar as medidas de seguridade vial no noso concello, e sobre todo en Cortiñán, unha das parroquias que ten un maior problema de seguridade viaria.

O BNG reclama melloras na seguridade viaria en Cortiñán

Bergondo, 12 de maio de 2015. O formigueiro do BNG - Asembleas Abertas chegou esta tarde ata Cortiñán, onde o candidado a alcaldia David Carro e outros membros da súa candidatura se comprometeron coa veciñanza a traballar para incrementar as medidas de seguridade vial no noso concello, e sobre todo en Cortiñán, unha das parroquias que ten un maior problema de seguridade viaria. "As obras de arte, como as de Laxeiro, preferimolas ter nun cadro e non pintadas nas estradas", ironizou Carro, en referencia ao último pintado da N-VI que so fai confundir todavía máis a conductores e peóns.

"No BNG - Asembleas Abertas apostamos por deixar un único carril en cada sentido da circulación, así como instalar semáforos en todos os pasos de peóns e unha mellor distribución dos mesmos", indicou o candidato nacionalista, que precisou as mesmas medidas tamén para o caso do núcleo urbano de Guisamo, no que tamén se comprometeu a traballar para que o Ministerio de Fomento poña solución a problemática dos accidentes no cruce coa estrada de Ferrol. "Vai sendo hora de que rematen tantos anos de deixadez e parches que non conduciron a ningunha parte, nunha problemática onde PP e PSOE nada fixeron. O concelleiro do goberno socialista residente en Cortiñán non fala cos seus veciños e veciñas, non se entera das problemáticas da súa propia parroquia?" preguntanse dende o BNG.

David Carro: "As obras de arte, como as de Laxeiro, preferimolas ter nun cadro e non pintadas nas estradas"

Así mesmo, o BNG - Asembleas Abertas propón levar a cabo a construción de sendas peonis en todas as parroquias, ao largo das vías máis transitadas, e poñen como exemplo as que transcorren de Cortiñán a Vixoi e a Viuxa (Piadela). "Moita xente sae a camiñar, ou ten que desprazarse para facer uso do transporte público sen ter garantida unha mínima seguridade, polo que paulatinamente debese ir rematando con esta situación", apuntou o cabeza de lista.

O BNG reclama melloras na seguridade viaria en Cortiñán