O BNG celebrará o sábado un encontro con Beatriz Figueroa
O BNG celebrará o vindeiro sábado 21 de marzo ás 12:00 na libraría Biblos en Betanzos un encontro con Beatriz Figueroa avogada, xornalista e enferma de cancro, como ela mesma se define.
Betanzos, 19 de marzo de 2015. O BNG celebrará o vindeiro sábado 21 de marzo ás 12:00 na libraría Biblos en Betanzos un encontro con Beatriz Figueroa avogada, xornalista e enferma de cancro, como ela mesma se define.
No encontro Beatriz Figueroa contaranos a súa experiencia persoal e a súa loita por visibilizar os problemas das persoas enfermas de cancro, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López. Beatriz Figueroa é unha avogada viguesa diagnosticada con cancro que xa recolleu máis de medio millón de firmas para solicitar unha maior protección para as persoas que padecen esta enfermidade. A partir do seu caso xurdiu a proposición de Lei pola protección social ás persoas enfermas de cancro durante o seu tratamento e recuperación no Congreso dos Deputados que presentou a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila. A reforma foi rexeitada polo PP.
O encontro terá lugar o sábado 21 de marzo ás 12:00 na libraría Biblos en Betanzos un encontro con Beatriz Figueroa avogada, xornalista e enferma de cancro.
A tremenda loita desta muller contra a propia enfermidade e contra a administración que lle nega ás enfermas unhas condicións de vida dignas é un exemplo e pensamos que a súa experiencia pode servir para inspirar outras persoas a seguir adiante para cambiar as cousas nun mundo onde os cartos parece que son máis importantes que as persoas, indicou a responsábel nacionalista. Queremos convidar a todas as veciñas e veciños das Mariñas a este encontro no que aproveitaremos para apoiar a loita de Beatriz Figueroa por cambiar a lei que sofren as persoas enfermas de cancro.