MUNICIPAIS 2015
O BNG-Asembleas Abertas chamou a cambiar os Concellos para mellorar a nosa vida
O BNG fixo públicas as propostas do seu programa comarcal para As Mariñas, conclusións da xornada de traballo aberta celebrada esta mañá en Betanzos.
Betanzos, 14 de marzo de 2015. O BNG fixo públicas as propostas do seu programa comarcal para As Mariñas, conclusións da xornada de traballo aberta celebrada esta mañá en Betanzos. As nacionalistas traballaron en grupo sobre diferentes temas que afectan a toda a comarca como a comarcalización de servizos, o medio ambiente e o estado da Ría ou as políticas feministas desde os concellos.
A solución aos problemas da Ría e do medio ambiente pensamos que está en poñer en funcionamento políticas alternativas como o saneamento descentralizado no rural e nas parroquias que parten do coñecemento da forma de organización do noso País, concluíu David Carro, candidato de BNG-Asembleas abertas en Bergondo. É importante levar adiante medidas para reducir a produción de residuos e incidir nas administracións na importancia de evitar o alto consumo enerxético. Parece que desde os Concellos se deseñan as políticas pensando nas grandes consultoras e nos seus beneficios máis que en mellorar a vida das persoas.
É importante levar adiante medidas para reducir a produción de residuos e incidir nas administracións na importancia de evitar o alto consumo enerxético. Parece que desde os Concellos se deseñan as políticas pensando nas grandes consultoras e nos seus beneficios máis que en mellorar a vida das persoas.
As políticas feministas teñen que ser un eixe transversal que impregne todas as medidas que se adopten desde os concellos. Hai que partir de escoitar as mulleres e promover a súa participación tendo en conta os seus horarios á hora de facer as convocatorias, explicou Olalha Lópes, coordinadora das propostas sobre igualdade e feminismo. A aprobación dun plan de igualdade que se aplique en todos os ámbitos e reservar orzamento para executalo. Pensamos tamén que imprescindíbel a formación e a igualdade de salarial das mulleres a empezar polas propias traballadoras laborais dos concellos.
Fronte ao experimento fallido do PP da fusión de concellos que non só non solucionou ningún dos problemas da veciñanza senón que mesmo empeorou algún defendemos poñer en común servizos para poder gozar no rural dos mesmos servizos públicos que nas cidades
Pensamos que a solución para ofrecer servizos en concellos pequenos e rurais, como moitos da nosa comarca, e poñer en común gastos entre os diferentes concellos comarcalizando servizos como transporte, saneamento, as políticas de emprego ou servizos educativos, concluíu Henrique del Río, portavoz do BNG en Betanzos e coordinador do grupo de traballo sobre servizos públicos. Fronte ao experimento fallido do PP da fusión de concellos que non só non solucionou ningún dos problemas da veciñanza senón que mesmo empeorou algún defendemos poñer en común servizos para poder gozar no rural dos mesmos servizos públicos que nas cidades.
As políticas feministas teñen que ser un eixe transversal que impregne todas as medidas que se adopten desde os concellos
Para concluir interviu, Secundino García, alcalde de San Sadurniño que fixo fincapé en que somos nós mesmos os que temos que participar para conseguir cambiar os nosos concellos e que só desde o coñecemento da nosa realidade se poden propoñer medidas para mellorar a nosa vida.