MUNICIPAIS 2015

O BNG-Asembleas abertas elaborará o seu programa das Mariñas nunha xornada de traballo aberta

O BNG-Asembleas Abertas celebrará este sábado día 14 unha xornada de traballo aberta para elaborar o programa electoral comarcal co que se presentará as eleccións municipais do vindeiro mes de maio.

O BNG-Asembleas abertas elaborará o seu programa das Mariñas nunha xornada de traballo aberta

Betanzos, 12 de marzo de 2014. O BNG-Asembleas Abertas celebrará este sábado día 14 unha xornada de traballo aberta para elaborar o programa electoral comarcal co que se presentará as eleccións municipais do vindeiro mes de maio. A xornada que se celebrará entre as 11 da mañá e as 14 da tarde no Matadoiro no barrio da Ribeira en Betanzos contará para a súa clausura coa intervención de Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño.

“Queremos convidar a todas as persoas interesadas en debater e presentar as súas ideas para construírmos un futuro para a nosa comarca”, explicou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas. “A xornada dividirase nunha primeira parte en grupos de traballo sobre temas que nos afectan a todas as persoas que vivimos nas Mariñas como ecoloxía e o estado da Ría e os ríos, a comarcalización de servizos e as políticas feministas desde os concellos e unha segunda parte na que faremos públicas as conclusións deste traballo”, indicou a responsábel nacionalista.

O BNG-Asembleas Abertas celebrará este sábado día 14 unha xornada de traballo aberta para elaborar o programa electoral comarcal co que se presentará as eleccións municipais do vindeiro mes de maio. A xornada que se celebrará entre as 11 da mañá e as 14 da tarde no Matadoiro no barrio da Ribeira en Betanzos

“Contaremos tamén coa intervención de Secundino García, alcalde de San Sadurniño, que nos contará a súa experiencia desde o goberno e as experiencias que puxeron en funcionamento estes anos como a recollida de lixo porta a porta”, engadiu Cristina López.

“Coas conclusións desta xornada de traballo que leva por título ‘Construírmos un futuro para As Mariñas’ elaborarase a proposta de BNG-Asembleas abertas para a nosa comarca coa que esperamos representar as persoas que queremos cambialo todo desde a esquerda e a soberanía”, concluíu a responsábel nacionalista.

O BNG-Asembleas abertas elaborará o seu programa das Mariñas nunha xornada de traballo aberta