O BNG cualificou de faltos de proxecto e ilusión os orzamentos da Xunta para as Mariñas

ría de Betanzos
ría de Betanzos

Cristina López: “Estes orzamentos non supoñen un avance para a nosa comarca e non dan resposta aos problemas históricos que vimos sufrindo décadas como a falta dun saneamento completo e efectivo da Ría de Betanzos, o abandono do noso patrimonio ou os recortes en servizos básicos como ensino, sanidade ou transporte”

O BNG cualificou de faltos de proxecto e ilusión os orzamentos da Xunta para as Mariñas

Betanzos, 25 de outubro de 2023.- O BNG cualificou de faltos de proxecto e ilusión os orzamentos da Xunta para as Mariñas. “Puro continuísmo que anula calquera posibilidade de reactivar unha comarca altamente produtiva como esta. Non hai ningún proxecto propio dun goberno galego incapaz de xerar ilusión na veciñanza”, criticou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López. “Estes orzamentos non supoñen un avance para a nosa comarca e non dan resposta aos problemas históricos que vimos sufrindo décadas como a falta dun saneamento completo e efectivo da Ría de Betanzos, o abandono do noso patrimonio ou os recortes en servizos básicos como ensino, sanidade ou transporte”, engadiu a responsábel do BNG. 

Sen orzamento para o saneamento integral da Ría de Betanzos

O BNG lamentou que os orzamentos da Xunta "adíen un ano máis a solución ao grave problema de contaminación que padecen os nosos ríos e a ría de Betanzos, e que vimos este Betanzos cos problemas da auga potábel en Betanzos ou os peches ao baño da praia de Perbes. “Non hai ningunha partida para mellorar o saneamento nin a depuración nos ríos e a Ría, a pesar dos múltiples problemas que vimos sufrindo. Non aparece partida reservada para a, tan demandada, depuradora en Paderne”, indicou a responsábel do BNG. Desde o BNG informaron que só se recollle en Augas de Galiza un investimento para rematar a ETAP de Betanzos que leva varios anos de demora. 

Sen fondos para os centros de ensino públicos 

Desde o BNG cuestionan que tampouco haxa cartos para rematar a reforma integral que precisa o CEIP Vales Villamarín, nin para a reforma do comedor, ou para converter o aulario do Pasatempo nun centro de educación infantil independente. "Estes servizos son esenciais para manter poboación nunha comarca como a nosa e mitigar as diferenzas de renda", advirte.

“Tampouco se reservan cartos no orzamento para as obras necesarias no CPI Castro Baxoi, que xa reclamamos no Parlamento, e que a pesar dos compromisos do goberno non vemos que se vexan atendidas”, engadiu a responsábel comarcal do BNG. 

Nin xeriátrico nin centro de día público

Neste sentido, desde o BNG lamentan que “este ano tampouco hai fondos para construír un centro de día público nin xeriátrico nunha comarca que carece dunha soa praza de xeriátrico pública”. O BNG sempre defendeu que Xunta, Estado e Concello se puxeran de acordo para rehabilitar o vello ambulatorio de Betanzos como centro de día público. 

Conservación e posta en valor do Patrimonio

O BNG insiste na importancia da conservación e posta en valor do noso patrimonio que o PP ten abandonado. “Só recollen na memoria unha referencia a unha reserva para obras de mellora no Pasatempo dentro dunha partida xenérica de obras relacionadas co turismo, o resto do Patrimonio da nosa comarca como a Necrópole do Monte do Gato, entre Coirós, Aranga e Oza-Cesuras (ameazada polos parques eólicos e as liñas de alta tensión), ou para a conservación e posta en valor doutro patrimonio protexido e a piques de desaparecer como a Fábrica da luz en Betanzos”, engaden desde o BNG. 

O BNG cualificou de faltos de proxecto e ilusión os orzamentos da Xunta para as Mariñas