miño
Miño

O BNG, só na defensa dunha residencia pública de maiores en Gallamonde

Alberte G. Nicolás: “O goberno municipal dicía compartir a nosa preocupación ante a falta dunha residencia pública na nosa comarca mais, cos seus votos, non parece que queiran atopar unha solución”

A formación nacionalista quixo poñer o foco sobre a necesidade de mellorar e aumentar os coidados das nosas maiores, fiado a unha esperanza de vida cada vez maior en Galiza, o que “é unha marabilla” mais “hai que engadirlle vida e benestar a eses anos”

Ler novas
Miño

O BNG presenta alegacións ao novo proxecto de pasarela nas Marismas do Baxoi para garantir a súa protección ambiental

Alberte G. Nicolás advertiu que tanto a pasarela sobre as Marismas do Baxoi como esta senda forman parte do mesmo proxecto mais foron tramitadas por separado xa que “a primeira carecería de toda lóxica sen a segunda”

Diante dun investimento total de case 2 millóns de euros, desde o BNG de Miño sinalan que existen alternativas que “requirirían menos investimento e solucionarían as necesidades de mobilidade da veciñanza”

Ler novas
Miño

O BNG de Miño denuncia novas deficiencias no transporte municipal

“Desde o mes de xuño o servizo volveu mostrar signos de deteriori, hai días que non se prestou o servizo, tendo que recorrer a taxis porque o autobús non realiza a súa ruta e hoxe vemos como houbo paradas das que ten programadas que o autobús non fixo”

Para as nacionalistas, é necesario explorar alternativas que conecten “a todo o mundo e en horarios flexíbeis” antes de renovar o servizo actual “por inercia”

Ler novas
Miño

O BNG logra o acordo unánime do pleno para a mellora da seguridade en Sombreu e Bemantes

Alberte G. Nicolás: ‘O PP, no goberno galego, é coñecedor dos problemas xa que levamos anos insistindo na adopción de medidas a través dos orzamentos da Xunta da Galiza e sempre foron rexeitadas’

Desde o BNG de Miño, demandan con urxencia que o goberno municipal ‘identifique os “puntos negros” e estude as súas solucións, así como que abra un diálogo coas diferentes administracións titulares das vías’ 

Ler novas

Este sitio usa cookies propias e de terceiros para desenvolver información estatística e amosar publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise da súa navegación. Mais detalles >