O BNG solicita que a Xunta que execute canto antes a dragaxe no porto de Miño

Alberte G. Nicolás: “Este debe ser o único porto do país no que, coa marea baixa, non podes saír coa embarcación porque está apoiada sobre a area”
O BNG solicita que a Xunta que execute canto antes a dragaxe no porto de Miño

Miño, 18 de decembro de 2024.- O BNG de Miño presentou unha iniciativa para que o Pleno municipal inste á Xunta a que execute a dragaxe do porto de Miño, que tantas veces anunciou e continúa ser facer.

As nacionalistas lembran que este porto ten necesidades periódicas de dragaxe, inferiores a 10 anos, debido a elevada e rápida acumulación de sedimentos. Estas dragaxes levan sen facerse desde o ano 2011. 

“Os anuncios van acumulándose mais a Xunta non moveu un só gran de area nos últimos 13 anos”, lamenta o voceiro do BNG, Alberte G. Nicolás, “en novembro do 2023 o titular de Portos de Galiza visitou a nosa localidade para comprometer a obra, mais o certo é que nin nos orzamentos do 2024 nin dos do 2025 aparece unha partida para acometela”.

Ademais da necesaria dragaxe, o BNG tamén demandou a Xunta de Galiza unha actuación na infraestrutura do porto que presenta “deficiencias evidentes, como a presenza de gretas no espigón ou o mal estado da grúa, pola falta de mantemento”. 

A isto, as nacionalistas engaden a necesidade dunha intervención de mellora no peirao “que impida, ou polo menos diminúa, a acumulación de sedimentos para evitar ter que recorrer as dragaxes de forma recorrente”. “Este debe ser o único porto do país no que, coa marea baixa, non podes saír coa embarcación porque está apoiada sobre a area”, engadiu o voceiro municipal.

O BNG solicita que a Xunta que execute canto antes a dragaxe no porto de Miño