O BNG reunirase coa veciñanza de Costa Miño Golf
O BNG-Asembleas Abertas manterá un encontro mañá domingo, ás cinco e media da tarde, coa veciñanza da urbanización Costa Miño Golf na cafetaría do clube de golf.
O BNG-Asembleas Abertas manterá un encontro mañá domingo, ás cinco e media da tarde, coa veciñanza da urbanización Costa Miño Golf na cafetaría do clube de golf.
O BNG-Asembleas Abertas ven de presentar o primeiro tramo da súa candidatura en Miño e que encabezará Olalla Barro. O grupo que nace da integración de persoas independentes e militantes do BNG dispostas a traballar para desaloxar de Miño as vellas formas de facer política do PSOE e do PP.
Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo, visitará esta tarde a Praia de Miño para ver de primeira man a situación da Praia e as dunas e a da propia Ría de Betanzos.
O BNG criticou que o goberno local remitise a todas as vivendas do municipio unha revista para vender os logros do goberno local do PP.
O BNG de Miño exixiu ao goberno municipal da localidade que asuma xa as súas responsabilidades en Costa Miño Golf tras as últimas novas sobre a promotora inmobiliaria Fadesa.
O BNG de Miño criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne, que vén de clausurar a conselleira de traballo Beatriz Mato. Parécenos unha esmola ofrecer 20 prazas nun obradoiro para persoas desempregadas cando só no concello de Miño había no mes de xaneiro 456 persoas desempregadas e en Paderne outras 173, segundo datos da propia Consellaría de Traballo,
O BNG pediu ao goberno local que explique o proxecto de Medidas de restauración e conservación dos valores naturais na ZEC Betanzos Mandeo no concello de Miño para o que o goberno local do PP pediu unha subvención de 20.000 euros.
O BNG celebrou a resolución publicada onte pola Xunta de Galiza con respecto ao proxecto de urbanización de Monte Piñeiro.
O BNG deu a coñecer o contido das alegacións que formulará á modificación puntual do Plan xeral de Miño coa que o goberno local do PP pretende levar adiante a construcción doutra macrourbanización no Monte Piñeiro.
O BNG volveu reclamar no Parlamento a paralización do desenvolvemento urbanístico de Monte Piñeiro. Xa no mes de setembro do ano pasado trasladaramos ao Parlamento este tema despois de que o alcalde do PP, anunciara a súa intención de seguir adiante coa urbanización de Monte Piñeiro