O BNG criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne por ser unha esmola de 20 prazas
O BNG de Miño criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne, que vén de clausurar a conselleira de traballo Beatriz Mato. Parécenos unha esmola ofrecer 20 prazas nun obradoiro para persoas desempregadas cando só no concello de Miño había no mes de xaneiro 456 persoas desempregadas e en Paderne outras 173, segundo datos da propia Consellaría de Traballo,
Miño, 26 de febreiro de 2015. O BNG de Miño criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne, que vén de clausurar a conselleira de traballo Beatriz Mato. Parécenos unha esmola ofrecer 20 prazas nun obradoiro para persoas desempregadas cando só no concello de Miño había no mes de xaneiro 456 persoas desempregadas e en Paderne outras 173, segundo datos da propia Consellaría de Traballo, criticaron desde o BNG, nos catro anos desta lexislatura estas son as únicas medidas que o goberno local adoptou para paliar os terríbeis datos de desemprego e emigración que padece o noso concello. Lamentamos que o máximo que se lles ofreza sexa o citado obradoiro de tan só 20 prazas.
As nacionalistas fixéronse eco das queixas do alumnado deste obradoiro polo estado no que se atopa o edificio da antiga escola de Gallamonde, onde se impartiron as aulas
As nacionalistas fixéronse eco das queixas do alumnado deste obradoiro polo estado no que se atopa o edificio da antiga escola de Gallamonde, onde se impartiron as aulas. Este obradoiro de emprego supuxo un gasto de case 300 000 euros entre o Concello de Miño e a Consellaría de traballo, parécenos que con ese gasto debían garantir unhas condicións de mínima dignidade no lugar onde se imparte xa non por humanidade, mais por obriga legal, indicaron desde o BNG. O edificio non conta cunhas condicións adecuadas de habitabilidade, non hai calefacción, nin seguridade na instalación eléctrica, nin mesas e cadeiras adaptadas á idade das persoas que realizaban o curso, nin material de traballo, explicaron.
Desde o BNG critican este sistema de formación que non garante a empregabilidade e só busca maquillar os terríbeis datos de desemprego provocados polas devastadoras políticas neoliberais do PP. Fan cursos de formación en sectores como a xardinaría completamente saturados e ao rematar os obradoiros non teñen posibilidade ningunha de atopar traballo, informaron, ademais este tipo de contrato non dá dereito a prestación ao rematar, co cal a situación é aínda peor que antes da formación. O Concello de Miño que prometera emprego para algunhas destas persoas ao empezar o obradoiro parece que agora esqueceu estas promesas.
En todo o país celebráronse este ano 53 obradoiros de emprego e 51 deles foron en concellos gobernados polo PP. Pensamos que é un dato moi gráfico que demostra claramente que as prioridades do Partido Popular non son as persoas senón maquillar os terríbeis datos de desemprego e ademais facer electoralismo con cartos públicos
En todo o país celebráronse este ano 53 obradoiros de emprego e 51 deles foron en concellos gobernados polo PP. Pensamos que é un dato moi gráfico que demostra claramente que as prioridades do Partido Popular non son as persoas senón maquillar os terríbeis datos de desemprego e ademais facer electoralismo con cartos públicos, explicaron as nacionalistas. Reclamamos ao Partido Popular que se preocupe un pouco menos de facerse fotos en precampaña e máis das maiorías sociais empobrecidas consecuencia do seu inhumano programa político