O BNG de Paderne condena a prohibición dunha asemblea aberta nun local municipal
O BNG de Paderne rexeita e condena a decisión do alcalde do PSOE, César Longo, de prohibir a celebración dunha asemblea veciñal aberta no local social da parroquia de Quintas. A postura adoptada polo alcalde de restrinxir os actos políticos ás campañas electorais discrimina gravemente a uns cidadáns respecto a outros.
Paderne, 11 de setembro de 2014. O BNG de Paderne rexeita e condena a decisión do alcalde do PSOE, César Longo, de prohibir a celebración dunha asemblea veciñal aberta no local social da parroquia de Quintas. A postura adoptada polo alcalde de restrinxir os actos políticos ás campañas electorais discrimina gravemente a uns cidadáns respecto a outros.
É incomprensíbel desde presupostos democráticos que un político en exercicio trate de restrinxir escenarios de debate e alternativa baixo o argumento de que se trata de actos "políticos". O BNG non atopa máis motivo para esta decisión que a de tratar de impedir a organización de calquera tipo de alternativa democrática ao goberno que Longo detenta desde hai quince anos.
É incomprensíbel desde presupostos democráticos que un político en exercicio trate de restrinxir escenarios de debate e alternativa baixo o argumento de que se trata de actos "políticos"
Unha política como a seguida polo alcalde de Paderne desprestixia en primeiro lugar ao seu propio partido, o PSOE, quen tenta aparecer como alternativa de goberno frente aos excesos caciquís do PP. A asemblea cidadá aberta, que o BNG fomenta e apoia xunto con outras persoas sen filiación política, mantense fixada para a mesma hora e lugar (Quintas, 20.30 horas), onde os e as asistentes decidirán sobre o novo lugar de reunión entre varias alternativas.
O BNG seguirá reclamando a libre utilización dos locais socias públicos pola cidadanía, sen discriminación ideolóxica de ningún tipo.