O BNG trasladará ao Parlamento Europeo a paralización de Monte Piñeiro por afectar á rede natura
O BNG volveu reclamar no Parlamento a paralización do desenvolvemento urbanístico de Monte Piñeiro. Xa no mes de setembro do ano pasado trasladaramos ao Parlamento este tema despois de que o alcalde do PP, anunciara a súa intención de seguir adiante coa urbanización de Monte Piñeiro
Miño, 2 de decembro de 2014. O BNG volveu reclamar no Parlamento a paralización do desenvolvemento urbanístico de Monte Piñeiro. Xa no mes de setembro do ano pasado trasladaramos ao Parlamento este tema despois de que o alcalde do PP, anunciara a súa intención de seguir adiante coa urbanización de Monte Piñeiro, explicaron desde o BNG de Miño, despois de que nos últimos días se trasladase á Xunta unha modificación do planeamento, que se encontra en fase de consulta previa, volvemos rexistrar a mesma petición.
É a terceira vez que reclamamos a paralización no Parlamento, esperamos que desta sexa a vencida.
Xa é a terceira vez que reclamamos a paralización desta macrourbanización nun Concello xa tremendamente castigado pola especulación e o urbanismo descontrolado, explicaron desde o BNG, esperamos que desta sexa a vencida e que todos os grupos se unan para mudar o modelo urbanístico cara a outro sustentábel e respectuoso co medio.
Desde o BNG, recordan que esta macrourbanización xa fora paralizada polo TSX de Galiza no ano 2008, polo risco de contaminación para as Marismas do Baxoi tanto durante o proceso de construción da urbanización como polos verquidos de augas residuais no entorno das Marismas.
Desde o BNG, recordan que esta macrourbanización xa fora paralizada polo TSX de Galiza no ano 2008, polo risco de contaminación para as Marismas do Baxoi tanto durante o proceso de construción da urbanización como polos verquidos de augas residuais no entorno das Marismas. Pensamos que o urbanismo debe estar ao servizo das persoas, do interese público. Mais, no caso do Concello de Miño, só se pensa no beneficio das empresas promotoras e a maior prexudicada está a ser a veciñanza, criticaron desde o BNG, tendo a urbanización de FADESA a medio construír, e a parte construída sen vender entendemos que non é necesario seguir a destrozar o medio ambiente para construír unhas vivendas que non son necesarias.
Iniciativa no Parlamento Europeo
Os nacionalistas anunciaron tamén que trasladarán este tema ao Parlamento europeo, a través da coalición Os pobos deciden da que fai parte o BNG. Monte Piñeiro está a carón das Marismas do Baxoi nunha zona de alto valor ecolóxico, próximo ao LIC Mandeo Betanzos e en Plena Reserva da Biosfera, explicaron desde o BNG, pretendemos que desde a Unión Europea se tomen cartas no asunto para defender dunha vez por todas unha zona de grande valor frente a un urbanismo especulativo sen sentido, que está destrozando o noso Concello.