david-carro
Bergondo

O BNG convocará un asemblea aberta en Bergondo para buscar acordos "desde a base"

O BNG de Bergondo fixo público que se reunirá hoxe con membros de Anova desta localidade. “Acudimos a esta xuntanza sen condicionantes previos, xa que no noso ánimo está fortalecer o nacionalismo no noso Concello e na comarca porque o consideramos imprescindíbel para o avance do propio País e da democracía e sempre pensando en dar unha alternativa aos nosos veciños e veciñas que o están sufrindo as consecuencias das políticas terríbeis para as maiorías sociais do PP e do PSOE

Ler novas
Bergondo

O BNG ponse a disposición da Plataforma de nais e pais do CPI ‘Cruz do Sar’

 O BNG de Bergondo trasladou todo o seu apoio a Plataforma constituida polas nais e pais do CEIP Cruz do Sar para dar solución a problemática creada pola Xunta de Galicia en relación co servizo de comedor e transporte escolar no Centro. “Poñémonos a disposición das nais e pais para todas as actuacións que consideren en defensa dun servizo de comedor gratuíto”

Ler novas
Bergondo

O BNG lamenta que a Deputación descarte melloras na seguridade viaria na DP-0811

O BNG lamenta que a Deputación descarte facer melloras na seguridade viaria na estrada que une o Espírito Santo e Lubre, como demandaron os nacionalistas. En resposta as preguntas formuladas pola deputada provincial Silvia Seixas a instancias da asemblea local do BNG de Bergondo, a Deputación da Coruña “argumenta que tras un estudio do tráfico na mencionada vía non considera que esta precise de melloras na seguridade viaria.

Ler novas
Bergondo

Persoas afectadas, grupos ecoloxistas e BNG organizan unha performance en defensa de Gandarío

O BNG de Bergondo xunto cos veciños e veciñas afectadas pola EDAR na praia de Gandarío e outras asociacións ecoloxistas como ADEGA ou Verdegaia organiza unha ‘performance’ reivindicativa este domingo na praia de Gandarío. Ademais, nesta actividade colaboran outras organizacións políticas como Anova, a Plataforma en defensa da Ría de Sada e Betanzos e contará coa presenza da actriz Isabel Risco.

Ler novas
Bergondo

O BNG cuestionou que a Xunta comece as obras de Gandarío xustificándose na calidade da auga

O BNG cuestionou o anuncio da Xunta de que este luns comezarán as obras da depuradora de Gandarío. “Parécenos impresentábel que en Pleno verán pretendan comezar a toda présa as obras da depuradora na Praia de Gandarío, que tivo unha gran contestación entre a veciñanza, aproveitando para xustificala os resultados dunhas anilíticas das augas que dan como resultado a contaminación da praia por fecais

Ler novas
Bergondo

O BNG reclamou o saneamento integral da Ría para garantir a calidade da auga nas praias de Bergondo

Desde o BNG reclamaron saneamento para a Ría en lugar de simples “operacións estéticas” nas praias. “O problema fundamental da Ría está no saneamento, en garantir a calidade da auga. Isto é primordial para os sectores produtivos que dependen da Ría, como o marisqueo, máis tamén para o turismo xa que unha boa calidade da auga vai atraer turistas que se a Ría se segue degradando deixarán de vir”.

Ler novas
Outras novas

O BNG reclamou ao goberno local que faga públicas as análises que levaron ao peche de Gandarío

O BNG reclamou ao goberno que fixera públicos os análises da auga que levaron ao peche ao baño da marxe esquerda da praia de Gandarío e que hoxe reabriron. “Parécenos que a veciñanza ten que ter información do estado das augas da Ría, porque non é de recibo que este ano teñamos dúas praias pechadas ao baño no noso Concello pola calidade das augas, O Pedrido e o Regueiro, e outra máis por momentos como Gandarío, e ninguén informe debidamente aos veciños e veciñas

Ler novas