MUNICIPAIS 2015

O BNG convocará un asemblea aberta en Bergondo para buscar acordos "desde a base"

O BNG de Bergondo fixo público que se reunirá hoxe con membros de Anova desta localidade. “Acudimos a esta xuntanza sen condicionantes previos, xa que no noso ánimo está fortalecer o nacionalismo no noso Concello e na comarca porque o consideramos imprescindíbel para o avance do propio País e da democracía e sempre pensando en dar unha alternativa aos nosos veciños e veciñas que o están sufrindo as consecuencias das políticas terríbeis para as maiorías sociais do PP e do PSOE

O BNG convocará un asemblea aberta en Bergondo para buscar acordos "desde a base"

Bergondo, 20 de agosto de 2014. O BNG de Bergondo fixo público que se reunirá hoxe con membros de Anova desta localidade. “Acudimos a esta xuntanza sen condicionantes previos, xa que no noso ánimo está fortalecer o nacionalismo no noso Concello e na comarca porque o consideramos imprescindíbel para o avance do propio País e da democracía e sempre pensando en dar unha alternativa aos nosos veciños e veciñas que o están sufrindo as consecuencias das políticas terríbeis para as maiorías sociais do PP e do PSOE”, explicou David Carro, do BNG de Bergondo.

O nacionalista explicou que acuden a esta xuntanza a petición de Anova cunha finalidade construtiva, aínda que “desde o BNG apostamos polos acordos desde a base a través de asembleas abertas nas que poidan participar todas as persoas boas e xenerosas que queiran fortalecer a alternativa nacionalista no noso Concello”.

“Non nos parece lóxico falar de acordos para constituir listas conxuntas antes de saber que é o que queremos facer, poñernos de acordo nunhas propostas políticas, nun programa, que entendemos que se debe elaborar entre todos e todas, non en reunións de cúpulas políticas”

“Non nos parece lóxico falar de acordos para constituir listas conxuntas antes de saber que é o que queremos facer, poñernos de acordo nunhas propostas políticas, nun programa, que entendemos que se debe elaborar entre todos e todas, non en reunións de cúpulas políticas. Por iso desde o BNG apostamos polas asembleas abertas nas que os acordos se tomen desde a base”, explicou Carro, “quen anunciou que o vindeiro mes convocarán a primeira destas asembleas no concello de Bergondo”.

O nacionalista fixo tamén fincapé na importancia de chegar a un acordo sobre os principios éticos que deben rexir a actividade pública. “Máis que nunca, nun momento de desacreditación da política e de desconfianza hacia todo o que ten que ver cos cargos públicos entendemos que é imprescíndibel o respecto a uns principios éticos como paso previo a calquera outro acordo político”, indicou.

Desde o BNG aclararon que acudirán a esta xuntanza a escoitar as propostas que Anova lles traslade pero en calquera caso as decisión sobre programa político e candidaturas tomaranse de forma colectiva e democrática “como o BNG sempre fixo”.

“Entendemos que é imprescíndibel o respecto a uns principios éticos como paso previo a calquera outro acordo político”

O nacionalista concluíu facendo “un chamamento a todas as persoas boas e xenerosas para deseñar conxuntamente unha alternativa nacionalista e de esquerdas para o noso Concello, que permita desaloxar do poder a PP e PSOE, que son dúas caras das mesmas políticas en contra das maiorías sociais”.

O BNG convocará un asemblea aberta en Bergondo para buscar acordos "desde a base"