O BNG reclama melloras na seguridade viaria en Ouces

O BNG de Bergondo reclamou ao goberno local melloras na seguridade viaria en Ouces. “Veciños e veciñas residentes no lugar do Casal en Ouces, trasladaronnos hoxe a súa preocupación pola inseguridade viaria que están a padecer na zona”

O BNG reclama melloras na seguridade viaria en Ouces

Bergondo, 4 de setembro de 2014. O BNG de Bergondo reclamou ao goberno local melloras na seguridade viaria en Ouces. “Veciños e veciñas residentes no lugar do Casal en Ouces, trasladaronnos hoxe a súa preocupación pola inseguridade viaria que están a padecer na zona”, explicou David Carro do BNG de Bergondo.

“Segundo trasladaron ao BNG, hai vehículos que pasan a calquer hora do día, nomeadamente polas noites, a altas velocidades, chegando incluso a derrapar en algúnha ocasión”, indicou Carro, “estes episodios danse sobre todo la pista que leva do Casal até Cangas”.

“Os veciños e veciñas mostraron a súa preocupación, xa que na zona vive moita xente maior, nenos e nenas, que poden sufrir algún accidente debido a esta mala práctica dalgún conductor”, abundou David Carro. O nacionalista informou que recentemente o Concello ven de arranxar os baches da mencionada pista co que o problema de inseguridade se viu agravado.

“O goberno local debe valorar as medidas oportunas que poden ser controis da polícia local ou a instalación de badenes”

O BNG de Bergondo insta ao equipo de Goberno a tomar as medidas oportunas para rematar con esta situación o antes posíbel. “O goberno local debe valorar as medidas oportunas que poden ser controis da polícia local ou a instalación de badenes”, concluíu o nacionalista.

 

 

 

O BNG reclama melloras na seguridade viaria en Ouces