O BNG denuncia o impacto que as obras da depuradora estan tendo na Praia de Gandarío
O BNG denunciou que as obras de construción da depuradora de Gandarío veñen de supoñer a destrución das rochas da parte dereita do areal. Debe ser para o emisario, pero seguimos descoñecendo o seu informe de impacto ambiental
Bergondo, 29 de setembro de 2014. O BNG denunciou que as obras de construción da depuradora de Gandarío veñen de supoñer a destrución das rochas da parte dereita do areal. Debe ser para o emisario, pero seguimos descoñecendo o seu informe de impacto ambiental, indicou David Carro, do BNG bergondés, mais xa vemos que o impacto que está tendo sobre a praia é tremendo.
Non sabemos a que responde esta actuación volando unhas rochas necesarias para a produción marisqueira do banco de Gandarío, engadiu o nacionalista. E non o sabemos porque, contra o que prometeron, nin o goberno do PSOE nin a Xunta do PP explicaron o proxecto nin a nos nin aos veciños e veciñas, advirte. Obviamente agora entendemos por que non se atreveron a explicar o que ían facer á veciñanza, engadiu.
Parécenos unha barbaridade que a Administración dea o visto bo a unhas obras co impacto que están tendo estes traballos, como toda a veciñanza pode comprobar, engadiu Carro.
Estamos valorando denunciar o tema diante do Seprona para ver se eles lles amosan a documentación que nos negan a nós e a veciñanza.
Estamos valorando denunciar o tema diante do Seprona para ver se eles lles amosan a documentación que nos negan a nós e a veciñanza, adiantou o nacionalista.