O BNG propón remunicipalizar os servizos de auga e saneamento
O BNG propón a remunicipalización dos servizos básicos como a auga ou o saneamento. Sería a maneira de dar un servizo mellor para a veciñanza, máis económico e evitar corruptelas tales como enchufismo de coñecidos, amigos e parentes
Bergondo, 21 de outubro de 2014. O BNG propón a remunicipalización dos servizos básicos como a auga ou o saneamento. Sería a maneira de dar un servizo mellor para a veciñanza, máis económico e evitar corruptelas tales como enchufismo de coñecidos, amigos e parentes. "O problema non é unha ou outra ordenanza, o problema de fondo é outro, é o modelo privatrizado que trae corruptelas como as que pon de relevo a Pokemon, da que por certo a alcaldesa non dá mais explicacion que insistir en que non esta imputada cando é mentira, indicou David Carro do BNG de Bergondo.
A auga que é imprescindibel para a vida convertiuse, grazas a PSOE e PP, nun obxecto de negocio, criticou Carro. Todas as persoas teñen que ter dereito ao acceso á auga como un ben básico, parece mentira que nos teñamos que preocupar de dar acceso a todo o mundo á auga no país da auga.
"O problema non é unha ou outra ordenanza, o problema de fondo é outro, é o modelo privatrizado
Desde o BNG recordan que a traída e o saneamento teñen prezos cada vez máis caros e servizos cada vez peores porque o goberno consinte e colabora en que a empresa manteña a súa marxe de beneficios por riba de calquera outra consideración. O goberno local non fai nada para obrigar a estas empresas a dar un servizo de calidade porque están máis preocupados en atender outros intereses, vender favores e facer clientelismo cos cartos de todas e todos a costa dos servizos públicos, concluíu David Carro.