O BNG denuncia a ocupación dun camiño público por un particular en Armuño
O BNG de Bergondo denuncia a ocupación dun camiño público por parte dun particular que esta a realizar o peche perimetral da súa finca, situada entre os lugares de Espirito Santo e Armuño, na parroquia de Lubre.
Bergondo, 22 de outubro de 2014. O BNG de Bergondo denuncia a ocupación dun camiño público por parte dun particular que esta a realizar o peche perimetral da súa finca, situada entre os lugares de Espirito Santo e Armuño, na parroquia de Lubre. "Descoñecemos se esta persoa conta co pertinente permiso municipal xa que no lugar non hai datos sobre a obra, e o Concello, dentro do exercicio de transparencia que caracteriza ao goberno socialista da Sra. Perez Maquez nunca responde aos requerimentos".
Visitando o lugar é fácilmente constatable como parte do muro esta feito xusto enriba do lavadeiro deixando este inutilizable na práctica, así como a construcción ocupa o camiño que remata na fonte, deixando o espazo xusto para poder pasar a pe, a unha fonte que é utilizada polos residentes no lugar pola boa calidade das súas augas, así como pola traida construida fai moitos anos polos veciños e veciñas de Armuño. Nas instantaneas realizadas no lugar vese como este particular construe o seu peche moito máis adiante que o que ten feito de tuya o colindante.
Un muro inutiliza un lavadoiro público e practicamente impide a unha fonte e á traída veciñal de Armuño
O BNG de Bergondo esixe a alcaldesa e responsable de urbanismo que aclare se tiña constancia da realización desta construcción, se esta conta coa oportuna licenza municipal e o visto bo do goberno. De non ser así, o BNG demanda que o goberno local paralice as obras e tome as medidas oportunas para restituir a legalidade no lugar, así como que habilite de novo o lavadeiro para que poida ser utilizado.