O BNG denuncia o aumento da inseguridade en Bergondo

O BNG de Bergondo denuncia un progresivo aumento da inseguridade no concello. No tocante a policía local, esta conta cunha praza pendente de cubrir, e non presta servizo polas noites debido a falta de efectivos.

O BNG denuncia o aumento da inseguridade en Bergondo

Bergondo, 28 de outubro de 2014. O BNG de Bergondo denuncia un progresivo aumento da inseguridade no concello. Temos constancia de varios roubos, así como actos de vandalismo nos últimos tempos en diversas zonas do concello como Ouces ou Rois.

No tocante a policía local, esta conta cunha praza pendente de cubrir, e non presta servizo polas noites debido a falta de efectivos.

No caso da Garda Civil, Bergondo depende do cuartel de Sada xa que non ten un propio. Sen embargo, este en algunhas ocasións atopase pechado, e outras tardan en prestar servizo porque non contan con efectivos suficientes para patrullar.

“O goberno local nin esta nin se lle espera, e a delegación do goberno esta máis preocupada en reprimir as manifestacións contra os recortes do PP que da seguridade do pobo, agardamos que o substituto do Sr. Juarez cambie as formas e non sexa un ‘hooligan’ do Partido Popular”, indicou David Carro do BNG de Bergondo.

O BNG demanda tanto do goberno local como da delegación do goberno, que poñan os medios precisos, tanto humanos como materiais, para rematar co aumento da inseguridade que se está a producir no Concello de Bergondo dun tempo a esta parte.

O BNG denuncia o aumento da inseguridade en Bergondo