David Carro: lamentamos que cando o goberno do PSOE responde ás nosas propostas sexa co insulto
O BNG saíu ao paso das descualificacións do goberno local de Bergondo logo de reclamar medidas ante o aumento da inseguridade no concello. Lamentamos que o goberno do PSOE non responda as nosas propostas, non atenda os nosos requirimentos e cando responde sexa para ofrecernos unha denuncia ou caia no insulto
Bergondo, 30 de outubro de 2014. O BNG saíu ao paso das descualificacións do goberno local de Bergondo logo de reclamar medidas ante o aumento da inseguridade no concello. Lamentamos que o goberno do PSOE non responda as nosas propostas, non atenda os nosos requirimentos e cando responde sexa para ofrecernos unha denuncia ou caia no insulto, indicou o nacionalista David Carro.
O goberno do PSOE sabe perfectamente que a Policía Local xa non é moi numerosa, polo que nunca deron servizo polas noites explican os nacionalistas. Se a isto lle engadimos que conta con un efectivo de baixa e o PSOE mantén esta praza sen cubrir sen saber porque queda en evidencia que o goberno local non cumpre coas súas obrigas, engaden.
Isto provoca que a maiores da falla de servizo polas noites tamén levemos varias fins de semana sen Policía Local e os incidentes teñan que ser atendidos pola Garda Civil de Sada, que como o mesmo goberno local recoñece está tamén falta de efectivos engaden. Os nacionalistas explican que esta situación está provocando que haxa incidencias que teñan que esperar, e isto é facilmente constatábel polos veciños e veciñas que teñen calquera problemática.
O goberno do PSOE sabe perfectamente que a Policía Local xa non é moi numerosa, polo que nunca deron servizo polas noites, e ademais néganse a cubrir unha vacante dun axente que está de baixa, polo que queda en evidencia que o goberno local non cumpre coas súas obrigas
Dende o BNG facemos propostas en positivo para solucionar os problemas do pobo e lamentamos que o goberno local do PSOE, carente de ideas e ansias de traballo nin tan sequera ten a ben atender as propostas dos demais grupos senón que as desacredita por sistema engade Carro. Sentimos que o Goberno Local se poña nervioso co noso traballo, mais o BNG continuará na súa liña de oposición seria e construtiva, denunciando o que consideremos oportuno, mais tamén aportando ideas e alternativas conclúe.