O BNG denuncia a precaria situación da biblioteca municipal
Como se pode apreciar nas imaxes, goteiras e humidades marcan o día a día deste espazo público deixado por completo; ordenadores que non funcionan e que fan que non se poida facer un seguimento do préstamo de libros como se debera e a falta de fondos novos bibliográficos dende hai anos, fai que se atope totalmente desactualizada.
Bergondo, 29 de novembro de 2014. O BNG de Bergondo denuncia a situación de absoluta precariedade na que se atopa a biblioteca municipal.
Como se pode apreciar nas imaxes, goteiras e humidades marcan o día a día deste espazo público deixado por completo; ordenadores que non funcionan e que fan que non se poida facer un seguimento do préstamo de libros como se debera e a falta de fondos novos bibliográficos dende hai anos, fai que se atope totalmente desactualizada.
Dende o BNG de Bergondo demandamos do Goberno Local que repare na maior brevidade posible estas deficiencias na biblioteca municipal fácilmente constatables visitando o lugar, para dar un servizo como se merecen os nosos veciños e veciñas, así como unha inversión anual fixa en actualizar o fondo bibliográfico para que este acorde cos tempos. Tamén estimamos oportuno a súa apertura cun horario máis extenso en época de exames para que os nosos estudiantes, maiormente universitarios poidan estudar nun lugar optimo.
Goteiras, humidades e falta de material é o día a día da biblioteca municipal de Bergondo
"A inversión nunha biblioteca municipal pública moderna e acorde cos tempos tamén é inversión en educación e cultura para o pobo de Bergondo en xeral, pero sobre todo para a xuventude que esta chamada a ser o futuro do noso concello, polo que temos que darlles todas as facilidades posibles para a súa formación" indicou o nacionalista David Carro.
Dende o BNG tamén se propón a posta en marcha dun servizo de "biblioteca itinerante" para facilitar o préstamo de libros, que consistiría en que un traballador ou traballadora do concello visitase nunhas data fixadas previamente os locais sociais das parroquias cos fondos bibliográficos máis demandados facilitando así o intercambio entre veciños e veciñas que moitas veces non fan uso dos servizos por non poder desprazarse, e dando un maior contido aos locais socias das diferentes parroquias.