O BNG ponse a disposición da Plataforma de nais e pais do CPI Cruz do Sar
O BNG de Bergondo trasladou todo o seu apoio a Plataforma constituida polas nais e pais do CEIP Cruz do Sar para dar solución a problemática creada pola Xunta de Galicia en relación co servizo de comedor e transporte escolar no Centro. Poñémonos a disposición das nais e pais para todas as actuacións que consideren en defensa dun servizo de comedor gratuíto
Bergondo, 7 de agosto de 2014. O BNG de Bergondo trasladou todo o seu apoio a Plataforma constituida polas nais e pais do CEIP Cruz do Sar para dar solución a problemática creada pola Xunta de Galicia en relación co servizo de comedor e transporte escolar no Centro. Poñémonos a disposición das nais e pais para todas as actuacións que consideren en defensa dun servizo de comedor gratuíto, explicou David Carro do BNG de Bergondo.
O nacionalista recordou que o BNG xa trasladara este tema ao Parlamento galego no mes de abril, cando empezaron a recibir as primeiras queixas das nais e pais sobre a situación do comedor e o transporte no CPI Cruz do Sar.
O BNG xa trasladara este tema ao Parlamento galego no mes de abril, cando empezaron a recibir as primeiras queixas das nais e pais sobre a situación do comedor e o transporte no CPI Cruz do Sar
Apoiamos, como non podía ser doutro xeito, as demandas da comunidade educativa na súa defensa duns servizos públicos gratuítos e de calidade sobre todo en todo o relativo ao ensino. Como xa fixemos a primavera pasada, volvemos a instar as autoridades educativas a buscar unha solución para dar un servizo acaído, xa que temos que recordar que os problemas derivan do copago do servizo de comedor escolar instaurado pola Xunta de Galiza o curso pasado, indicou Carro.
Instaron tamén aos demáis grupos políticos de Bergondo a crear unha fronte común na defensa dunha educación pública e de calidade
Desde o BNG instaron tamén aos demáis grupos políticos de Bergondo a crear unha fronte común na defensa dunha educación pública e de calidade e duns servizos como o comedor e o transporte escolar que dean solución ás nais e pais do noso Concello. Pensamos que sería moi positiva a unión de toda a comunidade educativa, grupos políticos e veciñanza na defensa duns servizo público.