O BNG cuestionou que a Xunta comece as obras de Gandarío xustificándose na calidade da auga

O BNG cuestionou o anuncio da Xunta de que este luns comezarán as obras da depuradora de Gandarío. “Parécenos impresentábel que en Pleno verán pretendan comezar a toda présa as obras da depuradora na Praia de Gandarío, que tivo unha gran contestación entre a veciñanza, aproveitando para xustificala os resultados dunhas anilíticas das augas que dan como resultado a contaminación da praia por fecais

O BNG cuestionou que a Xunta comece as obras de Gandarío xustificándose na calidade da auga

Bergondo, 19 de xullo de 2014. O BNG cuestionou o anuncio da Xunta de que este luns comezarán as obras da depuradora de Gandarío. “Parécenos impresentábel que en Pleno verán pretendan comezar a toda présa as obras da depuradora na Praia de Gandarío, que tivo unha gran contestación entre a veciñanza, aproveitando para xustificala os resultados dunhas anilíticas das augas que dan como resultado a contaminación da praia por fecais”, indicou David Carro do BNG de Bergondo.

“Que casualidade que agora fagan público un serial de analíticas das augas e de peches ao baño da praia para xustificar comezar canto antes a depuradora na praia de Gandarío”, explicou Carro, “esta depuradora non vai solucionar o problema da calidade das augas con toda probabilidade porque seguirá habendo núcleos enteiros que van verter directamente á Ría. É máis é probabel que o empeore polos verquidos que se poidan producir como o propio informe da Consellería de pesca advertiu no seu momento”.

“A praia do Regueiro, que ten unha depuradora construída hai poucos anos tamén está pechada ao baño. Este é o exemplo claro que de nada vale investir cantidades enormes de cartos se non se solucionan os problemas”, indicou David Carro, “o que non é éticamente aceptábel e manipular desta maneira as opinións dos veciños e veciñas. Claro que sube o nível de contaminación por fecais no verán cando se habitan as segundas vivendas que verten directamente á praia, iso sabeo calquera”.

 “A alcaldesa prometera hai uns meses explicar o proxecto aos veciños e veciñas de Gandarío, agora resulta que van empezar as obras e desa xuntanza coa veciñanza nada se volveu saber”.

Os nacionalistas exixiron á Xunta e ao goberno local transparencia. “A alcaldesa prometera hai uns meses explicar o proxecto aos veciños e veciñas de Gandarío, agora resulta que van empezar as obras e desa xuntanza coa veciñanza nada se volveu saber”, criticou o nacionalista, “nin tivemos acceso á documentación completa do que se vai facer en Gandarío, si ao proxecto da depuradora despois de múltiples intentos e escritos. Pero nada con respecto ao emisario nin ao impacto ambiental deste, non sabemos nin si existe ou non o informe de impacto ambiental”.

Desde o BNG insisten en que o mais importante e o saneamento integral da Ría para garantir a calidade das augas, imprescindíbel para os sectores productivos que dependen dela como o marisqueo pero tamén para o turismo. “É necesario o saneamento integral da Ría, pero dubidamos que para iso sexa imprescindíbel destrozar a praia de Gandarío e construir nela unha estructura de 7 metros co impacto visual que conleva, e os cheiros e demais molestias. Máis aínda cremos que incluso esta estructura vai conlevar un peor estado da Ría e por suposto da Praia de Gandarío, como de feito advertiron os técnicos da Xunta nos seus informes”, explicou.

“Non é éticamente aceptábel e manipular desta maneira as opinións dos veciños e veciñas”

“Exiximos á Xunta e ao concello sinceridade e transparencia, porque utilizar medios públicos para manipular a veciñanza para que acabe aceptando como boa unha obra que vai supoñer un gasto 635 euros por habitante e poden estimarse custos de mantemento de 250.000 euros anuais, deles, uns 70.000 en enerxía, o que resulta inasumibel para un concello como Bergondo”, indicou Carro, “por todo isto seguimos defendendo que a Xunta e o Concello recapaciten e valoren outras opcións que económica e medioambientalmente sexan sostíbeis e permitan sanear a Ría sen sacrificar a praia de Gandarío”.

“Desde o BNG xa propuxeramos no seu momento que se estudaran outras alternativas como o saneamento descentralizado, que resultarían máis económicas e moito máis sostíbeis desde o punto de vista medioambiental”, recordou Carro. “Ademais, temos trasladado este tema á Comisión Europea quen vai pedir información sobre esta actuación ao limite dun LIC e da Rede Natura en Plena Reserva da Biosfera. A ver co seu empeño o PP e o PSOE, na Xunta e no Concello non consiguen que no futuro teñamos que devolver os cartos como pasou en Ourense”, concluíu.

 

 

 

O BNG cuestionou que a Xunta comece as obras de Gandarío xustificándose na calidade da auga