Denunciamos deficiencias na calefacción do Centro de Saúde de Bergondo
O BNG de Bergondo demanda do Goberno Local que solucione canto antes os problemas de calefacción existentes no Centro de Saúde de Bergondo.
O BNG de Bergondo demanda do Goberno Local que solucione canto antes os problemas de calefacción existentes no Centro de Saúde de Bergondo.
O BNG de Bergondo insta ao Concello a elaboración dun plan de seguridade viaria para o municipio coordinado entre as diferentes Administracións. Os nacionalistas mostraron todo o seu apoio ás demandas da veciñanza de Guísamo que se concentraron o pasado mércores e que anuncian accións até que se solucione o problema.
Presentamos no Parlamento varias iniciativas e solicitudes de información en relación cos vertidos que se veñen de producir a pasada semana no río Callou en Bergondo.
“Hai un proceso de participación aberto para escoitar á veciñanza na elaboración do PXOM e o que non entendemos é porque de paso que van ás diferentes parroquias a falar, ademais, de urbanismo, non lle explican ás veciñas e veciños as modificacións que propoñen nas Normas en vigor”
O BNG lamentou o que considera “un día negro para a ría de Betanzos e a reserva da biosfera” a raíz do verquido de hidrocarburos á ría de Betanzos na tarde de onte. A raíz deste verquido, o BNG das Mariñas, por medio dos seus voceiros en Betanzos e Bergondo, Henrique del Río e David Carro respectivamente, denunciou que estaríamos “ante o enésimo episodio de contaminación da ría”. “Trátase dun problema grave, do que ninguén é responsábel. Cremos que estas agresións ambientais non poden quedar impunes”
O BNG reclama ao goberno local iniciativas para dinamizar a actividade económica e crear emprego. Dous anos despois de que o goberno local decidirá deixar de prestar apoio á celebración de Incoart e a Feira de artesanía non hai ningún proxecto novo centrado na creación de emprego
O BNG de Bergondo denuncia de novo a precaria situación na que se atopa a biblioteca municipal. Como se pode apreciar nas imaxes, goteiras e humidades marcan o día a día deste espazo público abandonado por completo, situación que xa denunciaramos fai un par de anos e que se volve repetir a pesar das obras que se levaron a cabo no exterior do edificio.
O BNG-Asembleas abertas presentou hoxe as súas propostas para mellorar regulamento de participación cidadá aprobado polo PSOE e Anova e que se encontra en período de exposición pública.
O BNG criticou o orzamento municipal que ven de ser aprobado no Pleno do Concello polo goberno local do PSOE e Anova e anunciou que aproveitara o período de alegacións para presentar as súas propostas que melloren o documento.
O BNG reclamou ao goberno local que contrate persoal para manter aberta a biblioteca pública. Desde o BNG-Asembleas abertas pensamos que isto causa un prexuízo a veciñanza usuaria desta biblioteca que desvían para estudar á aula de informática da casa da cultura e para devolver libros ao edificio A Senra.