O BNG denuncia de novo a precaria situación da biblioteca municipal
O BNG de Bergondo denuncia de novo a precaria situación na que se atopa a biblioteca municipal. Como se pode apreciar nas imaxes, goteiras e humidades marcan o día a día deste espazo público abandonado por completo, situación que xa denunciaramos fai un par de anos e que se volve repetir a pesar das obras que se levaron a cabo no exterior do edificio.
Bergondo, 30 de marzo de 2016. O BNG de Bergondo denuncia de novo a precaria situación na que se atopa a biblioteca municipal. Como se pode apreciar nas imaxes, goteiras e humidades marcan o día a día deste espazo público abandonado por completo, situación que xa denunciaramos fai un par de anos e que se volve repetir a pesar das obras que se levaron a cabo no exterior do edificio.
Dende o BNG de Bergondo demandamos do Goberno Local que repare na maior brevidade posible estas deficiencias na biblioteca municipal fácilmente constatables visitando o lugar para dar un servizo en optimas condicións. Tamén estimamos oportuno a súa apertura cun horario máis extenso en época de exames para que os nosos estudiantes, maiormente universitarios poidan estudar nun lugar optimo.
"A inversión nunha biblioteca municipal pública moderna e acorde cos tempos tamén é inversión en educación e cultura, pero sobre todo para a xuventude, chamada a ser o futuro do noso concello, polo que hai que darlles todas as facilidades para a súa formación; mais parece ser que o Goberno Local ten pouco interese no servizo de biblioteca xa que cada pouco tempo temos que estar trasladando algún tipo de deficiencia nas instalacións, nos equipos informáticos, ou polos recortes horarios" indicou o nacionalista David Carro.