Pedimos proxectos para crear emprego dous anos despois da supresión de Incoart
O BNG reclama ao goberno local iniciativas para dinamizar a actividade económica e crear emprego. Dous anos despois de que o goberno local decidirá deixar de prestar apoio á celebración de Incoart e a Feira de artesanía non hai ningún proxecto novo centrado na creación de emprego
Bergondo, 16 de maio de 2016. O BNG reclama ao goberno local iniciativas para dinamizar a actividade económica e crear emprego. Dous anos despois de que o goberno local decidirá deixar de prestar apoio á celebración de Incoart e a Feira de artesanía non hai ningún proxecto novo centrado na creación de emprego, explicou o nacionalista David Carro.
''Temos un potencial enorme no polígono industrial, sen embargo as empresas non contan con ningunha mostra de apoio máis aló de asfaltarlles as rúas. Un ano máis quedámonos sen a feira Incoart que promocionaba as empresas, o comercio e a artesanía local e que se celebraba por estas datas. Se a desculpa era que o PP dende a Deputación practicamente anulara a axuda, este ano que temos un novo goberno na Deputación xa nin sequera se ten solicitado, aínda que tamén se podería realizar con fondos propios'', puntualizou o voceiro do BNG, o noso concello ten superavit porque non inviste en proxectos para dinamizar o Concello.
Un ano máis quedámonos sen a feira Incoart que promocionaba as empresas, o comercio e a artesanía local e que se celebraba por estas datas. Se a desculpa era que o PP dende a Deputación practicamente anulara a axuda, este ano que temos un novo goberno na Deputación xa nin sequera se ten solicitado
''As medidas para crear emprego en Bergondo redúcense a cursos e un obradoiro de emprego de cando en vez compartido con varios concellos'', indicou o nacionalista David Carro.
Medidas como a creación dun viveiro de empresas e espazos de coworking, por exemplo na antiga sede do Ligal hoxe en desuso, a recuperación da feira Incoart para promover o comercio local, a inclusión de postos de artesanía no Festival Folk, a creación dun banco de naves baleiras, reformular o mercado de horta para dar cabida a outros produtos, ou dotar o polígono industrial de maiores servizos (melloras no transporte,...), son algunhas das medidas que propón a agrupación bergondesa do BNG para dinamizar a localidade. O pobo esmorece e pensamos que é necesario que o goberno local tome a iniciativa e deseñe programas que non teñen un custo tan elevado e que poderían contribuír a crear emprego, conclúe Carro.