Trasladamos ao Parlamento os vertidos no río Callou
Presentamos no Parlamento varias iniciativas e solicitudes de información en relación cos vertidos que se veñen de producir a pasada semana no río Callou en Bergondo.
Presentamos no Parlamento varias iniciativas e solicitudes de información en relación cos vertidos que se veñen de producir a pasada semana no río Callou en Bergondo. O pasado venres día 4 produciuse un primeiro vertido de hidrocarburos, e o xoves 10 e venres 11 producironse 2 novos vertidos, o primeiro de produtos químicos e o segundo de orgánicos - polo que a Xunta abriu un expediente ao matadeiro de Montellos.
Dende o BNG reclamamos que se investiguen a fondo estes vertidos e que se actúe con contundencia cos responsábeis. Podes consultar as iniciativas e solicitudes de información presentadas polo noso Grupo Parlamentar descargando o arquivo á túa esquerda.