O BNG anunciou que presentará alegacións ao orzamento de Bergondo
O BNG criticou o orzamento municipal que ven de ser aprobado no Pleno do Concello polo goberno local do PSOE e Anova e anunciou que aproveitara o período de alegacións para presentar as súas propostas que melloren o documento.
Bergondo, 09 de marzo de 2015. O BNG criticou o orzamento municipal que ven de ser aprobado no Pleno do Concello polo goberno local do PSOE e Anova e anunciou que aproveitara o período de alegacións para presentar as súas propostas que melloren o documento. Son uns orzamentos feitos de costas á veciñanza. Sempre defendemos os veciños e veciñas poidan propoñer, que sexan uns orzamentos participativos mais o goberno local vai no sentido contrario. Os orzamentos son iguais que os dos últimos anos sen apenas novidades explicou David Carro, portavoz do BNG de Bergondo, as veciñas e veciños temos dereito a saber en que se gastan os cartos públicos e a facer propostas das cousas que consideramos necesarias.
O primeiro paso para poder participar é ter información. Este orzamento esta cheo de partidas totalmente xenéricas, como outros gastos, que poden ser calquera cousa a así é imposíbel que as veciñas e veciños poidamos saber en que se van gastar os cartos de todas, engadiu o portavoz do BNG.
Son uns orzamentos feitos de costas á veciñanza. Sempre defendemos os veciños e veciñas poidan propoñer, que sexan uns orzamentos participativos mais o goberno local vai no sentido contrario. Os orzamentos son iguais que os dos últimos anos sen apenas novidades
O portavoz nacionalista criticou que o groso das subvencións sexan concedidas a dedo polo goberno local. A partida para subvencións aumenta en 23.000 chegando ata os 111.300. Deste importe 101.300 serían para subvencións a dedo, mentres que só 10.000 serían para a orde de subvencións en concorrencia competitiva, indicou Carro. Non nos parece de recibo que se gasten cartos públicos sen criterio nin control ningún, de maneira totalmente clientelar para mercar vontades. Os nacionalistas critican que o que a Lei de subvencións contempla como unha excepción no Concello de Bergondo se converta en norma ano tras ano.
No orzamento contemplan tamén 10.000 para atencións protocolarias. Un gasto de 10.000 en atencións protocolarias, é dicir, papatorias e agasallos parécenos totalmente impresentable, indicou o voceiro do BNG, pero é que os últimos anos remataron gastando máis do dobre do orzamentado, todo un escándalo nun momento como o actual que se gasten estas cantidades sen control en comidas e agasallos.
Por outra parte, parécenos incríbel e inadmisíbel que para fomento do emprego se destinen 61.000, mentres que, por exemplo, a fomento do deporte se vaian 162.500, tres veces máis. Pensamos que as políticas activas de emprego para que os veciños e veciñas poidan atopar un emprego digno e de calidade son prioritarias, explicou o portavoz do BNG-AA.
Así mesmo, os nacionalistas mostraron o seu desacordo coa xestión privada dos servizos públicos básicos concretamente no caso do subministro auga ou o saneamento. "Segundo se desprende da memoria económica as previsións son que o servizo sexa deficitario en preto de 80.000, algo que se ven repetidos o ano tras ano, por iso, de aí a nosa proposta, encamiñada a remunicipalización destes servizos xa que consideramos que se podería dar mellor servizo con un menor custe" indicou Carro. Viaqua cobra do Concello máis de 900 mil euros de cartos públicos pola xestión destes servizos, que por certo, recibe moitísimas queixas da veciñanza. Desde o BNG-AA pensamos que xestionándoo directamente o Concello poderíamos ter un servizo mellor e máis barato e ademais evitar as corruptelas que provoca a privatización de servizos.
Desde o BNG, criticaron tamén o aumento da partida para festas. Nunha situación de crise con moita veciñanza pasando dificultades, un gasto coma este é excesivo, aumentado nun 12% o que se gastaba até o de agora", criticou o voceiro nacionalista. Sen embargo, un ano máis esquécense de cando menos comezar a dar pasos para contar cun centro de día público, instaurar unha rede de transporte interparroquial, ou un plan contra a violencia de xénero.