O BNG reclamou que a modificación do PXOM en Porzomillos se someta a avaliación ambiental
O BNG de Oza dos Ríos vén de presentar as alegacións á recualificación de terreo rústico para a construción dun xeriátrico en Porzomillos.
O BNG de Oza dos Ríos vén de presentar as alegacións á recualificación de terreo rústico para a construción dun xeriátrico en Porzomillos.
O BNG de Oza dos Ríos presentou hoxe as alegacións ao orzamento do concello fusionado de Oza e Cesuras.
O BNG cuestionou a recalificación que o goberno local do PP pretende facer dunha parcela en solo rústico para construír un xeriátrico privado.
O BNG denunciou que as facturas que están chegando en aplicación da nova taxa do lixo son diferentes para as persoas empadroadas e as non empadroadas no Concello." Como xa denunciaramos no seu momento cando a modificación desta ordenanza foi a Pleno, o custo do lixo é distinto se a persoa propietaria está empadroada ou non no Concello", explicou a voceira nacionalista Estefanía Busto.
O BNG anuncia o seu voto contrario a un orzamento cargado de promesas electoralistas e que tramitan sen cumplir os trámites que a lei exixe. O orzamento terían que facilitalo con anterioridade e convocar unha comisión especial para ditaminalo, mais parece que coma noutros asuntos hai unha lei especial para Oza e Cesuras
O BNG denunciou que o goberno local de Oza dos Ríos e Cesuras está a ocultarlle información á súa veciñanza. Os nacionalistas denunciaron no pleno que "veciñas e veciños de Cesuras manifestáronnos que non están recibindo os recibos da auga". A voceira do BNG, Estefanía Busto, denunciou ademais que no caso de Cesuras o recibo da auga se viu incrementado tras a fusión, e desde entón non lles están chegando nin cobrando os recibos".
O BNG de Oza dos Ríos ve inxustificada a aprobación dunha ordenanza que regula a xestión da biomasa e as distancias das plantacións, segundo Estefanía Busto, portavoz do BNG na xunta xestora de Oza-Cesuras, esta ordenanza non fai máis que recoller as distancias entre as plantacións que xa veñen estabelecidas na Lei de Montes, "o único novo que engade esta ordenanza son as sancións no caso de infraccións" engadiu a voceira nacionalista.
O BNG exixiu a González Cacheiro que reclame responsabilidades patrimoniais aos responsábeis do sobre prezo da tala do sanatorio de Cesuras. Nin o alcalde nin ningún dos que apoiaron este contrato nin sequera o concelleiro que se viu beneficiado a través da súa empresa familiar, asumiron responsabilidade ningunha por este tema
O BNG criticou que tendo un remanente positivo no ano 2013 tanto nos orzamentos de Oza como de Cesuras se xustificase a fusión pola inviabilidade económica destes concellos. Tendo un remanente positivo no orzamento de Oza dos Ríos para o ano 2013 de 382937 euros e no concello de Cesuras de 325250,35 euros, en total mais de 700000 euros, non nos parece de recibo que se xustificase a fusión na insuficiencia económica dos concellos
O BNG denunciou que o goberno do PP en Oza-Cesuras segue impedindo que acceda á documentación necesaria para exercer como oposición. Das actuacións antidemocráticas e opacas do goberno municipal do PP xa non se queixa só o BNG, o propio Valedor do Pobo quéixasenos de que o goberno persiste na súa actitude de non enviar a información requerida