O BNG presentará alegacións á recualificación para un xeriátrico privado en Porzomillos
O BNG cuestionou a recalificación que o goberno local do PP pretende facer dunha parcela en solo rústico para construír un xeriátrico privado.
Oza dos Ríos, 2 de decembro de 2014. O BNG cuestionou a recalificación que o goberno local do PP pretende facer dunha parcela en solo rústico para construír un xeriátrico privado.
No documento que serviu de base á fusión prometían un centro de maiores público no antigo sanatorio de Cesuras, mais agora parece ser que están intentando reactivar o proxecto dunha residencia de maiores privada, indicou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos. A verdade é que non nos estraña que incumpran o proxecto de fusión porque xa advertimos no seu momento que era só propaganda, pero é substancialmente distinto unha residencia pública ou privada.
A voceira nacionalista criticou que os beneficiados desta operación van ser os propietarios dos terreos que pretenden recalificar, neste caso a empresa Lucus Residencial SL, que van ver como se multiplica o valor deses terreos.
O proxecto foi anunciado polo anterior alcalde en 2003, mais polo que sabemos quedou aparcado até a actualidade"
Xa no ano 2003, hai 11 anos o anterior alcalde anunciara a construción desta residencia privada que ía ser o proxecto máis importante da súa etapa de goberno e xa fora, segundo anunciou, aceptado pola Xunta, recordou a voceira nacionalista. Mais a empresa que o ía xestionar, que fora creada o 2 de outubro de 2003, 4 días antes de que o anterior alcalde anunciara que ía xestionar unha residencia no noso Concello. Parece que o Concello e a Xunta foran moi áxiles na xestión do expediente, ironizou.
Este proxecto polo que sabemos quedou aparcado até a actualidade, non sabemos se porque a empresa que non tivo actividade ningunha até o momento e está en quebra técnica viu máis beneficios nunha promoción de máis de 90 vivendas en Armea, no Concello de Coirós. Urbanización á que o BNG xa presentou alegacións no seu momento, explicou Busto.
"Non sabemos se porque a empresa que non tivo actividade ningunha até o momento e está en quebra técnica viu máis beneficios nunha promoción de máis de 90 vivendas en Armea, no Concello de Coirós. Urbanización á que o BNG xa presentou alegacións no seu momento
Temos a desconfianza de se está empresa vai verdadeiramente a promover e poñer a funcionar un centro de maiores ou se simplemente promove esta recalificación para enriquecerse coa venta dos permisos e os terreos, xa que unha empresa sen beneficios desde o 2003, que no 2012 se atopaba en situación de quebra técnica, non parece que estea en situación de promover a construción dun edificio de 5000 m2, engadiu Busto.
Alegacións no periodo de consulta previa
Desde o BNG anunciaron que presentarán alegacións ao proxecto e reclamarán que se someta á avaliación de impacto ambiental. Trátase dun edificio de dúas plantas de case 5000 m2, na parte máis alta de Porzomillos, aínda que só sexa polo impacto visual entendemos que é necesario que se avalie, explicou Busto, iso sen contar coa xestión de residuos e a depuración de fecais.
O noso Concello enteiro está na Reserva da Biosfera das Terras do Mandeo e a carón do LIC do Mandeo Betanzos, tendo en conta que o PXOM en vigor non se someteu a impacto ambiental porque naquel momento non era necesario, entendemos que calquera proposta de modificación se debera someter a este trámite para minimizar o impacto no noso medio.