O BNG criticou a aplicación que o goberno local está a facer da nova ordenanza do lixo
O BNG denunciou que as facturas que están chegando en aplicación da nova taxa do lixo son diferentes para as persoas empadroadas e as non empadroadas no Concello." Como xa denunciaramos no seu momento cando a modificación desta ordenanza foi a Pleno, o custo do lixo é distinto se a persoa propietaria está empadroada ou non no Concello", explicou a voceira nacionalista Estefanía Busto.
Oza dos Ríos, 24 de novembro de 2014. O BNG denunciou que as facturas que están chegando en aplicación da nova taxa do lixo son diferentes para as persoas empadroadas e as non empadroadas no Concello. Como xa denunciaramos no seu momento cando a modificación desta ordenanza foi a Pleno, o custo do lixo é distinto se a persoa propietaria está empadroada ou non no Concello, explicou a voceira do BNG, Estefanía Busto.
No noso Concello e en Cesuras, onde moita da veciñanza reside pola semana na Coruña ou noutras cidades porque as oportunidades laborais aquí son moi escasas, isto provoca unha importante discriminación, criticou Busto. A nacionalista explicou que manter custos diferentes para un servizo básico como o lixo en función de se estas empadroada ou non no Concello é de dubidosa legalidade, xa que hai abondosos casos en que estas ordenanzas tiveron que ser modificadas por considerarse ilegal.
Cobran todo o ano, cando a ordenanza se publicou no BOP o día 28 de xaneiro do 2014 polo que o ser un recibo único non pode entrar en vigor ata o ano 2015
Nos xa o advertimos no seu momento cando se aprobaron estas taxas. Agora están chegando ás casas as facturas e polo que sabemos están rebaixando o prezo aos veciños e veciñas que presentan queixas porque lles cobran máis por estar empadroadas noutro Concello, indicou. Isto non deixa de ser completamente irregular, non se pode aprobar unhas taxas a sabendas de que non as vas aplicar. Ademais de parecernos tremendamente inxusto que a quen reclame se lle desconte e ao resto da veciñanza non.
Aplicación retroactiva da ordenanza
A voceira nacionalista criticou tamén que se está facendo unha aplicación retroactiva da ordenanza, completamente ilegal. Cobran todo o ano, cando a ordenanza se publicou no BOP o día 28 de xaneiro do 2014 polo que o ser un recibo único non pode entrar en vigor ata o ano 2015, explicou Busto.
As facturas que están chegando en aplicación da nova taxa do lixo son diferentes para as persoas empadroadas e as non empadroadas no Concello
Desde o BNG puxéronse a disposición da veciñanza para máis información e para axudar a presentar escritos reclamando que se lles devolvan estes cobros indebidos.