O BNG anunciou o seu voto en contra dun orzamento ‘electoralista e clientelar’

O BNG anuncia o seu voto contrario “a un orzamento cargado de promesas electoralistas e que tramitan sen cumplir os trámites que a lei exixe”. “O orzamento terían que facilitalo con anterioridade e convocar unha comisión especial para ditaminalo, mais parece que coma noutros asuntos hai unha lei especial para Oza e Cesuras

O BNG anunciou o seu voto en contra dun orzamento ‘electoralista e clientelar’

Oza dos Ríos, 20 de novembro de 2014. O BNG anuncia o seu voto contrario “a un orzamento cargado de promesas electoralistas e que tramitan sen cumplir os trámites que a lei exixe”. “O orzamento terían que facilitalo con anterioridade e convocar unha comisión especial para ditaminalo, mais parece que coma noutros asuntos hai unha lei especial para Oza e Cesuras”, ironizou a portavoz do BNG, Estefanía Busto.

A nacionalista explicou que “a proposta de orzamento para o ano que ven prevé unha redución é de 1.071.062 euros con respecto ao ano pasado, e aínda así os gastos superfluos siguen aumentando”.

“O gasto que prevén para o soldo do alcalde é de 2880 euros brutos mensuais, en catorce pagas, un total de 40320 euros ao ano. Se ben é certo que é menor que a subida que pretendía facer no orzamento pasado non deixa de ser certo que é unha subida de máis do dobre do que cobraba como alcalde de Oza dos Ríos – como alcalde de Oza o seu salario eran 1346 euros brutos ao mes - e queremos pensar que do que cobrou este ano, xa que prometera nos medios renunciar á subida do salario”, criticou Busto. “Parécenos surrealista que o secretario no seu informe diga que se baixa esta partida, cando en teoría non se debera estar gastando segundo o alcalde prometeu nos medios”.

“O gasto que prevén para o soldo do alcalde é de 2880 euros brutos mensuais, en catorce pagas, un total de 40320 euros ao ano. É unha subida de máis do dobre do que cobraba como alcalde de Oza dos Ríos – como alcalde de Oza o seu salario eran 1346 euros brutos ao mes -

“A maiores do gasto de salario o orzamento prevé que se poidan cobrar todos os gastos por desprazamentos tanto dentro como fora do térmo municipal e prevén 11000 euros máis en gastos de locomoción”, indicou a voceira nacionalista. Â“É impresentábel que pretenda cobrar os desprazamentos entre o seu domicilio e as dúas sedes do Concello”.

“Aínda máis, enriba dos 52080 euros de salarios entre el e a concelleira liberada a tempo parcial e os 11000 en gastos de locomoción, inclúe unha partida de 6000 euros en gastos protocolarios e representación e outros 7000 a maiores en publicidade e propaganda”, indicou Busto. “O ano pasado segundo a conta xeral o gasto en protocolo subiu dos 13000 euros, así que temémonos que este orzamento se vexa o ano que ven superado pola realidade”.

“No orzamento prevese unha indemnización para a xubilación anticipada dun empregado publico, aínda que no cadro de persoal non se reflicte ningunha praza vacante”, asegurou a voceira nacionalista. “Queremos pensar que isto quere dicir que se pensa cubrir esta praza”, ironizou.

Máis do dobre en subvencións ‘a dedoÂ’

“Que este orzamento é totalmente electoralista e clientelar queda de manifesto no desorbitado gasto en subvencións a dedo. Un total de 40 247 euros a diferentes entidades, comparado cos 23 047 euros do ano anterior. Case duplican o gasto. Ademais, e segundo as bases de execución con caracter extraordinario poderán outorgar máis subvencións nominativas até un máximo de 3000 euros a outras entidades que o alcalde considere”, criticou a voceira nacionalista. “Non se prevé convocar orde de subvencións ningunha e os cartos públicos repartense a dedo como se fosen un regalo do señor alcalde. É un proceder completamente escurantista, opaco e clientelar”.

“Que este orzamento é totalmente electoralista e clientelar queda de manifesto no desorbitado gasto en subvencións a dedo. Un total de 40 247 euros a diferentes entidades, comparado cos 23 047 euros do ano anterior. Case duplican o gasto”.

 

O BNG anunciou o seu voto en contra dun orzamento ‘electoralista e clientelar’