O BNG cuestiona a utilidade dunha ordenanza que regula o mesmo que recolle a lei de Montes
O BNG de Oza dos Ríos ve inxustificada a aprobación dunha ordenanza que regula a xestión da biomasa e as distancias das plantacións, segundo Estefanía Busto, portavoz do BNG na xunta xestora de Oza-Cesuras, esta ordenanza non fai máis que recoller as distancias entre as plantacións que xa veñen estabelecidas na Lei de Montes, "o único novo que engade esta ordenanza son as sancións no caso de infraccións" engadiu a voceira nacionalista.
Oza dos Ríos, 7 de novembro de 2014.- O BNG de Oza dos Ríos ve inxustificada a aprobación dunha ordenanza que regula a xestión da biomasa e as distancias das plantacións, segundo Estefanía Busto, portavoz do BNG na xunta xestora de Oza-Cesuras, esta ordenanza non fai máis que recoller as distancias entre as plantacións que xa veñen estabelecidas na Lei de Montes, "o único novo que engade esta ordenanza son as sancións no caso de infraccións" engadiu a voceira nacionalista.
Esta ordenanza non fai máis que recoller as distancias entre as plantacións que xa veñen estabelecidas na Lei de Montes
Mais a ordenanza non recolle as fianzas ou avais que se deberían pagar polo aproveitamento da madeira, é ben sabido que os tractores e camións danan os camiños e pistas e despois temos que asumir o seu arranxo con cartos de todos apuntou Busto, "si que existe no concello de Cesuras unha ordenanza que regula a tala e e transporte de madeira, polo que non lle atopamos o sentido a esta", "desde o BNG propuxemos unha nova redacción desta ordenanza que recolla estes aspectos, mais a nosa achega non foi tida en conta" sinalou a vogal do BNG.
Paralizado o proxecto de ENCE
O BNG sinala tamén que a aprobación desta ordenanza coincide no momento en que ENCE advirte das súas intencións de trasladar o seu proxecto da planta da biomasa ás Illas Canarias, vimos de saber que ENCE paraliza o seu proxecto en Cesuras, do que lembramos que non hai ningún compromiso, a fusión dos concellos estaba condicionada a este gran proxecto e xa van máis de dous anos escoitando as mesmas mentiras, as persoas responsábeis deberían asumir as súas responsabilidades" "entendemos que o único que o PP pretende con isto é xogar ao despiste, utilizando unha vez máis a promesa da biomasa" concluíu Busto.