O BNG exixe a González Cacheiro que reclame responsabilidades patrimoniais pola da tala do sanatorio
O BNG exixiu a González Cacheiro que reclame responsabilidades patrimoniais aos responsábeis do sobre prezo da tala do sanatorio de Cesuras. Nin o alcalde nin ningún dos que apoiaron este contrato nin sequera o concelleiro que se viu beneficiado a través da súa empresa familiar, asumiron responsabilidade ningunha por este tema
Cesuras, 18 de outubro de 2014. O BNG exixiu a González Cacheiro que reclame responsabilidades patrimoniais aos responsábeis do sobre prezo da tala do sanatorio de Cesuras. Nin o alcalde nin ningún dos que apoiaron este contrato nin sequera o concelleiro que se viu beneficiado a través da súa empresa familiar, asumiron responsabilidade ningunha por este tema, criticou Estefanía Busto.
O informe do colexio de enxeñeiros de montes conclúe que a partida que o proxecto asigna a esta labores de curtas de saneamento está sobrevalorada (...) se ben podería xustificarse o valor presupostado con tarefas auxiliares non descritas na memoria do proxecto, indicou a voceira do BNG, Estefanía Busto, entendemos que o sobreprezo non temos porque asumilos con cartos públicos e por iso pensamos que o Concello debera exixir ás persoas que tomaron esa decisión que responda co seu propio patrimonio.
O informe di que o prezo dado no proxecto o gasto é un 51.7% superior ao do informe da Asociación Forestal de Galiza. De haber algunha xustificación desta variación que tivese apreciado o redactor debera significalo na memoria, e dende logo na descrición do concepto de gasto. Pero nin no primeiro nin no segundo lugar, que resulta ser mera copia literal do que figura no informe da Asociación Forestal de Galiza, se fai constar tal circunstancia. Tampouco existe suficiente variación de tempos entre ambos os dous documentos que xustifique esta elevación por causa de elevación do índice de prezos industriais ou similar base de cálculo.
Entendemos que un sobrecusto de máis do 50% no prezo da tala que ademais foi concedida á empresa familiar dun concelleiro, que aínda a día de hoxe continua no seu cargo, é totalmente inexplicábel. Xa pedimos no seu momento que o alcalde asumira a súa responsabilidade mais ainda non tivemos explicación ningunha deste tema, criticou Busto.
Entendemos que un sobrecusto de máis do 50% no prezo da tala que ademais foi concedida á empresa familiar dun concelleiro, que aínda a día de hoxe continua no seu cargo, é totalmente inexplicábel
Segundo o informe o proxecto executado pasa a fixar para os labores deste capítulo un custo de 36,40 /m3, fronte aos 24,00 /m3 do primeiro informe da Asociación Forestal de Galiza, aos que sumando os custos de supervisión técnica se colocan en 40,63 /m3 fronte aos 28,00 /m3 do informe da Asociación Forestal de Galiza. Aínda que moitos dos capítulos do presuposto deste documento son copia literal do informe da Asociación Forestal de Galiza, non é este o único custo que, con pouca ou ningunha explicación, se varia notablemente entre este documento e o primeiro informe. Ademais, no propio informe informanos que os prezos de mercado dunha empresa como Tragsa, que traballa moi frecuentemente para o sector público son aínda inferiores que os do primeiro informe son, en todo caso, case a metade dos do proxecto contratado, indicou a voceira nacionalista.
A voceira nacionalista concluíu exixindo de novo unha explicación a González Cacheiro e que asuma a súa responsabilidade neste contrato, que como toda a veciñanza sabe foi contratado por un prezo moi superior ao de mercado coa intención de favorecer económicamente á empresa familiar dun concelleiro.