Busto: “Cacheiro gastou 50 000 euros en 2013, por iso quería subirse o salario nos orzamentos”

O BNG criticou que tendo un remanente positivo no ano 2013 tanto nos orzamentos de Oza como de Cesuras se xustificase a fusión pola inviabilidade económica destes concellos. “Tendo un remanente positivo no orzamento de Oza dos Ríos para o ano 2013 de 382937 euros e no concello de Cesuras de 325250,35 euros, en total mais de 700000 euros, non nos parece de recibo que se xustificase a fusión na insuficiencia económica dos concellos

Busto: “Cacheiro gastou 50 000 euros en 2013, por iso quería subirse o salario nos orzamentos”

Oza dos Ríos, 16 de outubro de 2014. O BNG criticou que tendo un remanente positivo no ano 2013 tanto nos orzamentos de Oza como de Cesuras se xustificase a fusión pola inviabilidade económica destes concellos. “Tendo un remanente positivo no orzamento de Oza dos Ríos para o ano 2013 de 382937 euros e no concello de Cesuras de 325250,35 euros, en total mais de 700000 euros, non nos parece de recibo que se xustificase a fusión na insuficiencia económica dos concellos”, explicou Busto.

“No extracto da Conta Xeral dos concellos de Oza e Cesuras, xa que no ano 2013 os orzamentos continuaron sendo separados a pesar de estar fusionados a partir do mes de xuño, pensaban recadar a través de transferencias da Deputación Provincial no ano 2013, 641.722 euros pero realmente os ingresos da Deputación foron 221.699 euros. A maiores a fin de ano o Concello tiña outros 193.536 pendentes de pago”, indicou a voceira nacionalista Estefanía Busto. “Parécenos bastante reprochábel que se lle minta á veciñanza prometéndolle uns cartos a cambio da fusión que vemos que realmente non se ingresaron”.

“No ano 2013, o actual alcalde do novo concello fusionado percibiu como salario 18800 euros mais este gasto incrementouse en 13180 euros en gastos protocolarios é dicir en papatorias – 8000 euros máis do que prevía o orzamento-, 11617 euros en dietas – de novo 1617 euros máis do aprobado no orzamento- e 6768 euros en locomoción -2768 euros por fora do orzamento do concello de Oza dos Ríos”, explicou Busto. “O gasto total de González Cacheiro foron 50365 euros de cartos públicos. Agora entendemos porque tiña intención de subir o seu salario até os máis de 55000 euros”, ironizou a voceira nacionalista.

En 2013 a Deputación Provincial tiña comprometido achegar 641.722 euros, pero realmente os ingresos da Deputación foron 221.699 euros. A fin de ano o Concello tiña outros 193.536 pendentes de pago”, indicou a voceira nacionalista Estefanía Busto. “Parécenos bastante reprochábel que se lle minta á veciñanza prometéndolle uns cartos a cambio da fusión que vemos que realmente non se ingresaron”.

O BNG denuncia que se negou reiteradamente o acceso á Conta Xeral

O BNG criticou de novo a falta total de respecto do goberno local do PP ás mínimas normas democráticas despois de negarlles reiteradamente o acceso á documentación da Conta Xeral. “Despois de que a Conta Xeral do ano pasado pasara por unha comisión informativa e polo propio Pleno da xunta xestora, aínda non conseguimos ter acceso á documentación completa”, criticou Busto, “pedimos reiteradamente por escrito esta documentación mais o único que conseguimos foi que xa pasada a comisión e o Pleno nos enviaran un extracto de 20 páxinas cos datos que o goberno decidiu. É intolerábel que non permitan acceder á documentación nin ás representantes da veciñanza nin ao mesmo Valedor do pobo”.

 

 

Busto: “Cacheiro gastou 50 000 euros en 2013, por iso quería subirse o salario nos orzamentos”