O BNG chama a participar na manifestación en defensa da sanidade pública convocada pola plataforma SOS Sanidade pública este domingo en Compostela

“Levamos anos denunciando a precariedade do servizo de pediatría ou de matrona nos concellos das Mariñas e pedindo ao PP que incremente o orzamento para reforzar estes servizos”

O BNG chama a participar na manifestación en defensa da sanidade pública convocada pola plataforma SOS Sanidade pública este domingo en Compostela

Betanzos, 9 de febreiro de 2023.- O BNG das Mariñas chamou a participar na manifestación en defensa da sanidade pública convocada pola plataforma SOS Sanidade pública, da que o BNG fai parte, este domingo ás 12 h na Alameda de Compostela. Diante do centro de saúde de Betanzos a deputada do BNG, Mercedes Queixas, xunto coa responsábel comarcal do BNG, Cristina López e candidatas á alcaldía e portavoces dos diferentes concellos da comarca.

Na nosa comarca estamos sufrindo queixas continuas da veciñanza pola situación da sanidade. “Levamos anos denunciando a precariedade do servizo de pediatría ou de matrona nos concellos das Mariñas e pedindo ao PP que incremente o orzamento para reforzar estes servizos”, lembrou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López. “De feito desde hai anos presentamos emendas aos orzamentos da Xunta pedindo que se incrementen as partidas para os servizos para a atención primaria e o centro de especialidades de Betanzos”, engadiu. 

“Este é o resultado da precariedade e dos recortes do PP, que claramente o que está poñendo en risco é a saúde das persoas e hai que paralo porque coa saúde da xente non se xoga”, insistiu a deputada nacionalista logo de comprometer o traballo do BNG para defender “con unllas e dentes” a sanidade pública galega.

Desde o BNG, chamaron a mobilizarse este domingo en Compostela en defensa da sanidade pública, “en definitiva, hoxe volvemos dicir alto e claro que queremos unha sanidade pública forte, que non imos permitirlle ao PP que continúe demolendo unha conquista que ten detrás tanto esforzo, porque é a garantía de que todas as persoas son iguais ante a enfermidade”, concluíron.

 

O BNG chama a participar na manifestación en defensa da sanidade pública convocada pola plataforma SOS Sanidade pública este domingo en Compostela