O BNG presentará unha moción nos Plenos para que os concellos esixan a Xunta que active a atención presencial en Atención Primaria

Centro_de_Saúde_de_Betanzos,_A_Coruña

“É fundamental para dar resposta ás demandas de atención pola COVID 19, mais tamén ao resto das patoloxías e rematar coas listas de espera neste nivel asistencial, co persoal e as medidas de prevención de contaxios precisos, para garantir unha atención sanitaria digna á poboación”

Ademais desta moción, que se debaterá nos Plenos dos concellos de Betanzos e Bergondo a vindeira semana, e en Coirós, Oza-Cesuras, Irixoa e Paderne o BNG publicou uns dípticos informativos para concienciar das necesidades de mellora da sanidade pública e nos próximos días continuará con esta campaña con faixas e accións nas redes sociais para conseguir melloras na atención sanitaria tanto na atención primaria como nas diferentes especialidades

O BNG presentará unha moción nos Plenos para que os concellos esixan a Xunta que active a atención presencial en Atención Primaria

Betanzos, 21 de outubro de 2020. O BNG presentará unha moción para o seu debate nos Plenos de todos os concellos da comarca que os concellos esixan a Xunta que realice de inmediato todas as accións precisas para activar a atención presencial en Atención Primaria. “Diante da pandemia a Xunta tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, algúns centros de saúde e PACs, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas nos hospitais”, explicou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López. “A decisión que tomou o Sergas foi que a atención se centraran preferentemente na consulta telefónica, isto está ocasionando moitas dificultadas tanto aos profesionais para poder prestar a asistencia sanitaria como no acceso da poboación á mesma”, engadiu.

“É fundamental para dar resposta ás demandas de atención pola COVID 19, mais tamén ao resto das patoloxías e rematar coas listas de espera neste nivel asistencial, co persoal e as medidas de prevención de contaxios precisos, para garantir unha atención sanitaria digna á poboación”, explicou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López. O BNG pedirá que se establezan protocolos claros e unificados para a atención presencial de doentes para toda a Atención Primaria.

“A COVID 19, puxo de relevo que precisamos un sistema sanitario público forte, cunha Atención Primaria reforzada como porta de entrada, sen recortes, que permita responder ás necesidades de saúde da poboación e na que o persoal sanitario conte con recursos para que as persoas doentes poidan recibir a atención que precisan en cada momento e estar ben dimensionado para abordar as emerxencias sanitarias cando xurdan”, engadiron desde o BNG. Pediremos tamén que os concellos esixan á Xunta que aumente o persoal nos centros de saúde co número de profesionais que sexa preciso para permitir aumentar o tempo e a calidade da atención asistencial así como incorporar as categorías profesionais imprescindíbeis para formar equipos multidisciplinares e prestar unha atención integral: psicólogas clínicas, terapeutas ocupacionais, logopedas, podólogos...

Para isto é necesario aumentar os orzamentos destinados a Atención Primaria até chegar ao 25%, no inmediato 200 millóns de euros. “Desde o BNG levamos moito tempo reclamando persoal para uns servizos sanitarios dignos na comarca das Mariñas, concretamente no caso do servizo de pediatría que xa era completamente precario con pediatras compartidos entre 2 ou 3 concellos, ou de matrona”, explicaron. 

“É necesario tamén engadir recursos en especialistas e pedimos que se fagan públicas as listas de espera hospitalarias e un plan de choque para reducilas”, concluíu. 

Campaña para esixir á Xunta melloras

Ademais desta moción, que se debaterá nos Plenos dos concellos de Betanzos e Bergondo a vindeira semana, e en Coirós, Oza-Cesuras, Irixoa e Paderne cando corresponda convocar os Plenos ordinarios, o BNG publicou uns dípticos informativos para concienciar das necesidades de mellora da sanidade pública e nos próximos días continuará con esta campaña con faixas e accións nas redes sociais para conseguir melloras na atención sanitaria tanto na atención primaria como nas diferentes especialidades. 
O BNG presentará unha moción nos Plenos para que os concellos esixan a Xunta que active a atención presencial en Atención Primaria