Celebramos en Biblos un encontro sobre a sanidade pública na comarca
“Convidamos a toda a veciñanza a asistir a este encontro para falar dos recortes e do debate sobre a nova lei de sanidade e tamén para ver como facerlle fronte ao desmantelamento do servizo de saúde público que está levando a cabo o PP”
Betanzos, 20 de marzo de 2018. O BNG celebrará mañá un encontro en Biblos para falar da situación da sanidade nas Mariñas, no que intervirá Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento galego. “A situación da sanidade na nosa comarca é tremendamente precaria, non se substitúen as baixas nin as vacacións do persoal o que sumado xa á falta de persoal provoca situacións surrealistas como a que coñecemos o verán pasado en Aranga onde o centro de saúde de Muniferral estivo 3 días sen medico ningún ou a falta de especialistas que vimos denunciando no centro de Betanzos que provoca á súa vez a saturación das urxencias nos hospitais da Coruña”, explicou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López.
“Desde o BNG levamos anos presentando emendas aos orzamentos da Xunta esixindo persoal para un servizo de pediatría e de matrona en condicións na nosa comarca, mais o Partido Popular sempre votou en contra”, informou a responsábel. “Tamén trasladamos iniciativas ao Parlamento para ver se o goberno do PP, que por certo sempre apoia nos Plenos da comarca sempre apoia as mocións para que a Xunta contrate persoal, é consciente da situación da sanidade pública nas Mariñas pero a resposta foi que o servizo é suficiente”, criticou López.
“Convidamos a toda a veciñanza a asistir a este encontro para falar dos recortes e do debate sobre a nova lei de sanidade e tamén para ver como facerlle fronte ao desmantelamento do servizo de saúde público que está levando a cabo o PP”, concluíu Cristina López.