O BNG de Miño celebrará mañá un acto público para presentar a súa candidatura

Alberte G. Nicolás é o candidato do BNG á alcaldía de Miño

Desde o BNG convidaron a toda a veciñanza que desexa un cambio a sumarse ao seu proxecto do para “conseguir facer de Miño un referente como xa son outros concellos gobernados polo BNG como Allariz ou Carballo”

O BNG de Miño celebrará mañá un acto público para presentar a súa candidatura

Miño, 27 de abril de 2023.- O BNG celebrará mañá, venres 28 de abril, ás 20 h no local social da rúa o seu acto de presentación de candidatura para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio. Na presentación intervirán a número 7 da candidatura do BNG de Miño, Tania Casás, a deputada do BNG, Mercedes Queixas e o candidato á alcaldía, Alberte G. Nicolás. 

“Concorremos a este proceso electoral como alternativa e co obxectivo de ser unha forza decisiva no futuro de Miño”, explicou o candidato do BNG, Alberte G. Nicolás. “Encaramos estas eleccións como unha continuación do traballo que vimos realizando nos últimos tempos; sempre desde a escoita, o dialogo e antepoñendo os interese xeral ao particular”, sinalou. 

“Seremos un goberno que reclame con decisión as inversións que Miño necesita, e que nos defendera fronte aos recortes de servizos como o transporte público, ou a falta de pediatra e os recortes na sanidade pública”, engadiu. 

Desde o BNG convidaron a toda a veciñanza que desexa un cambio a sumarse ao seu proxecto do para “conseguir facer de Miño un referente como xa son outros concellos gobernados polo BNG como Allariz ou Carballo”.

O BNG de Miño celebrará mañá un acto público para presentar a súa candidatura