O BNG de Miño presenta a Alberte G. Nicolás como candidato á alcaldía
O actual responsábel local da formación nacionalista, Alberte G. Nicolás, asume este reto “con ilusión e cun gran sentido da responsabilidade”
Miño, 2 de decembro de 2022.- O BNG de Miño presentou a Alberte G. Nicolás como o seu cabeza de lista para as eleccións municipais do vindeiro ano. Concorrerán a este proceso electoral como alternativa e co obxectivo de ser unha forza decisiva no futuro de Miño.
O xa candidato puxo en valor ao BNG “como modelo referente na xestión municipal” e cun marcado perfil social “ao situar sempre as maiorías socias no centro”. “Encaramos estas eleccións como una continuación do traballo que vimos realizando nos últimos tempos; sempre desde a escoita, o dialogo e antepoñendo os interese xeral ao particular”, sinalou Alberte G. Nicolás.
Desde o BNG afirman que, logo das eleccións galegas do ano 2020, quedou claro que son moitas as miñesas e miñeses que miran cara elas e que, nas vindeiras eleccións municipais, queren corresponder a esa confianza depositada afianzando ao BNG como forza emerxente no concello.
“Asumo o reto de encabezar a candidatura do BNG no concello que me viu crecer con moita ilusión e cun gran sentido da responsabilidade. Ademais, estou seguro que estarei acompañado por un grupo humano inmellorábel ”, asegurou Alberte G. Nicolás.