O BNG de Bergondo presentou a súa nova web, na que se poderán consultar todos os detalles das próximas eleccións municipais

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo
David Carro é o candidato do BNG á alcaldía de Bergondo

David Carro, "sabemos da importancia das novas tecnoloxías como canle de comunicación para chegar a toda a veciñanza, con enfoque participativo e colaborativo"

O BNG de Bergondo presentou a súa nova web, na que se poderán consultar todos os detalles das próximas eleccións municipais
Bergondo, 26 de abril de 2023.- O BNG de Bergondo presentou a súa nova web www.bergondo.bng.gal, na que se podrán consultar todos os detalles das próximas eleccións municipais do 28M, candidatura, programa por apartados, propostas, encontros... 

"Somos un equipo moderno e actual, sabemos da importancia das novas tecnoloxías como canle de comunicación para chegar a toda a veciñanza, con enfoque participativo e colaborativo, de aí a creación desta nova web e o reforzo das nosas RRSS con presenza en facebook, Twiter e Instagram", indicou o portavoz municipal e candidato a alcaldía David Carro. 

"Dentro deste proceso, sabemos tamén modernizar a administración, algo no que coxea Bergondo, cunha web obsoleta ou unha app que funciona a medias, ao que nós propoñemos darlle a volta. Axilizar a información a veciñanza e a recepción das súas propostas, queixas ou suxerencias é fundamental, porque o concello facémolo entre todos e todas ", concluíu Carro.
O BNG de Bergondo presentou a súa nova web, na que se poderán consultar todos os detalles das próximas eleccións municipais