municipais-2015
Bergondo

O BNG marcou como prioridades a creación de emprego na súa presentación

O BNG-Asembleas abertas presentou está tarde en Guísamo a súa candidatura para as eleccións do vindeiro mes de maio. O candidato á alcaldía, David Carro, quixo deixar claro que “o BNG-Asembleas Abertas non defende as grandes concesionarias de servizos para o seu único beneficio que somos xente do pobo e presentamonos para o gobernar para o pobo”.

Ler novas
Abegondo

Cristina López encabezará a lista do BNG en Abegondo

O BNG-Asembleas Abertas ven de presentar o primeiro tramo da súa candidatura en Abegondo e que encabezará Cristina López. Xunto con ela integraranse no grupo de traballo de BNG-Asembleas Abertas, Xesús Domenech e Nuria Iglesias – actuales concelleiros do BNG.

Ler novas
Oza e Cesuras

Estefanía Busto encabezará a candidatura BNG en Oza-Cesuras

O BNG vén de facer público a candidatura que como BNG-Asembleas Abertas se presentará ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio e que encabezará Estefanía Busto. Na candidatura, ademais, estarán tamén José Manuel Neira, Rosario Naveira, Pedro Boado, Carlos Pedreira e Arantxa Sánchez.

Ler novas
Miño

O BNG reclamou que o Concello poña fin ao de abandono de Costa Miño Golf

O BNG-Asembleas abertas reclamou ao Concello que poña fin á situación de abandono das persoas que viven en Costa Miño Golf. Despois do encontro aberto celebrado na tarde de onte, Olalla Barro, candidata á alcaldía por BNG-Asembleas abertas explicou que “non hai escusa para non cubrir as necesidades básicas como a limpeza ou o mantemento dos parques e as rúas.

Ler novas