estefania-busto
Oza e Cesuras

O BNG criticou a aplicación que o goberno local está a facer da nova ordenanza do lixo

O BNG denunciou que as facturas que están chegando en aplicación da nova taxa do lixo son diferentes para as persoas empadroadas e as non empadroadas no Concello." “Como xa denunciaramos no seu momento cando a modificación desta ordenanza foi a Pleno, o custo do lixo é distinto se a persoa propietaria está empadroada ou non no Concello", explicou a voceira nacionalista Estefanía Busto.”

Ler novas
Oza e Cesuras

O BNG denuncia que o recibo da auga non está chegando á veciñanza desde hai meses

O BNG denunciou que o goberno local de Oza dos Ríos e Cesuras está a ocultarlle información á súa veciñanza. Os nacionalistas denunciaron no pleno que "veciñas e veciños de Cesuras manifestáronnos que non están recibindo os recibos da auga". A voceira do BNG, Estefanía Busto, denunciou ademais “que no caso de Cesuras o recibo da auga se viu incrementado tras a fusión, e desde entón non lles están chegando nin cobrando os recibos".

Ler novas
Oza e Cesuras

O BNG cuestiona a utilidade dunha ordenanza que regula o mesmo que recolle a lei de Montes

O BNG de Oza dos Ríos ve inxustificada a aprobación dunha ordenanza que regula a xestión  da biomasa e as distancias das plantacións, segundo Estefanía Busto, portavoz do BNG na xunta xestora de Oza-Cesuras, “esta ordenanza non fai máis que recoller as distancias entre as plantacións que xa veñen estabelecidas na Lei de Montes”, "o único novo que engade esta ordenanza son as sancións no caso de infraccións" engadiu a voceira nacionalista.

Ler novas
Oza e Cesuras

Busto: “Cacheiro gastou 50 000 euros en 2013, por iso quería subirse o salario nos orzamentos”

O BNG criticou que tendo un remanente positivo no ano 2013 tanto nos orzamentos de Oza como de Cesuras se xustificase a fusión pola inviabilidade económica destes concellos. “Tendo un remanente positivo no orzamento de Oza dos Ríos para o ano 2013 de 382937 euros e no concello de Cesuras de 325250,35 euros, en total mais de 700000 euros, non nos parece de recibo que se xustificase a fusión na insuficiencia económica dos concellos

Ler novas