O BNG exixirá no vindeiro pleno os arranxos en pistas e camiños na parroquia de Leirou
O BNG de Oza dos Ríos ven de presentar unha moción para solicitar o arranxos necesarios en pistas e camiños da parroquia de Mandaio para garantir a circulación polas mesmas.
Oza dos Ríos, 26 de xaneiro de 2015. O BNG de Oza dos Ríos ven de presentar unha moción para solicitar o arranxos necesarios en pistas e camiños da parroquia de Mandaio para garantir a circulación polas mesmas. "As pistas que se indican, na parroquia de Mandio, nas proximidades do lugar de Leirou presentan un estado deficiente, que nalgúns puntos non permiten o paso a pé nin en coche" indicou Estefanía Busto, voceira do BNG. "Esta situación vese agravada no inverno, as pistas quedan totalmente enlamadas, imposibilitando o paso polas mesmas", engadiu Busto.
"Desde o BNG xa trasladamos esta situación ao goberno local mediante un escrito con data de entrada do 12 de xaneiro, despois de ter coñecemento da denuncia efectuada pola veciñanza da zona"
"Desde o BNG xa trasladamos esta situación ao goberno local mediante un escrito con data de entrada do 12 de xaneiro, despois de ter coñecemento da denuncia efectuada pola veciñanza da zona" afirmou Busto, "mais como vén sendo habitual, nin os veciños nin o propio BNG obtivemos resposta algunha diante destas queixas" criticou a voceira nacionalista.
As nacionalistas solicitarán tamén do goberno local que responda ás peticións da veciñanza e dos outros grupos políticos. "É inadmisíbel o desprecio con que actúa o goberno do PP, ninguneando á oposición e mesmo á veciñanaza" concluíu Busto.