Néstor Rego reclama partidas orzamentarias para as melloras da seguridade viaria na N-VI en Bergondo
Néstor Rego reclama a Ábalos que se doten de partidas orzamentarias específicas as actuacións que se teñen que levar a cabo na nacional sexta e a construción de infraestruturas para a seguranza da veciñanza.
Reclama a realización de melloras en Cortiñán “coa creación de dúas novas rotondas que reduzan a intensidade do tráfico".