O BNG presentou as súas alegacións á planta de residuos na Obra de Paño

unnamed
Imaxe da Parcela, na Obra de Paño, onde se proxecta a pranta de residuos

Nas súas alegacións o BNG incide na total falta de xustificación da localización escollida, da falta de necesidade doutra planta a maiores das 4 existentes na contorna, ou os prexuízos que esta pode causar a veciñanza e ao medio.

Carro: "Na nosa comarca hai polígonos industriais con parcelas valeiras que poden acoller este tipo de instalacións en mellores condicións"

O BNG presentou as súas alegacións á planta de residuos na Obra de Paño

Bergondo, a 24 de maio de 2021. O BNG ven de facer públicas as alegacións rexistradas pola formación nacionalista ao estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto  de instalación dunha planta fixa de xestión de residuos de construción  e demolición en Obra de Paño promovida pola empresa Celso Núñez, en exposición pública ata o vindeiro 7 de xuño.

Nas súas alegacións o BNG incide na total falta de xustificación da localización escollida, da falta de necesidade doutra planta a maiores das 4 existentes na contorna, ou os prexuízos que esta pode causar a veciñanza e ao medio.

"Na nosa comarca hai polígonos industriais con parcelas valeiras que poden acoller este tipo de instalacións en mellores condicións" indicou o portavoz nacionalista David Carro. "O EIA conten datos erróneos, como a previsión de conectarse a rede municipal de saneamento, cando non hai tal nin se sabe cando o poderá haber. Ademais, non ten en conta os graves perigos que se poden dar de producirse unha vertedura que pode rematar contaminando o Rio Maior, e polo tanto a Ría de Betanzos na súa desembocadura en Sada", incidiu Carro.

"A empresa non consta no Rexistro de xestores e produtores de residuos de Galiza o que invalidaría o proceso. Ademais, non detallan que farán con materiais perigosos como o amianto. Tampouco hai ningunha previsión no relativo a lexislación en materia da calidade do aire, nin a afección derivada do polvo xerado pola instalación. Por outra parte, a distancia coa vivenda máis cercana é tamén errónea e a avaliación de ruídos moi subxectiva" expuxo o voceiro do BNG.

"O EIA queda de por si invalidado pois non se axusta á realidade, carece de rigor, mostra un descoñecemento absoluto do territorio, non se axusta á lexislación vixente, conten omisións e erros graves prexudiciais para a veciñanza e o medio ambiente" concluíu Carro. Nas súas alegacións o grupo nacionalista pediu polo tanto que a Xunta non conceda o permiso para a instalación desta planta de xestión de residuos que conta cunha importante oposición veciñal. 

O BNG presentou as súas alegacións á planta de residuos na Obra de Paño