O BNG presentara alegacións a planta de residuos de Obra de Paño
Dende o BNG puxéronse a disposición da veciñanza para todo aquelo no que poidan asesorar de cara a presentación de alegacións ao proxecto ou informalos do procedemento.
Os nacionalistas interesáronse sobre o tema en varios Plenos logo de que a veciñanza lle trasladase a súa preocupación.
Bergondo, a 5 de maio de 2021. O BNG avanzou hoxe a súa intención de presentar alegacións á instalación dunha planta de residuos en Obra de Paño - Lubre por parte da empresa Celso Nuñez, que se encontra en prazo de exposición pública. “Xa trasladamos este tema, que creou moita preocupación na veciñanza, varias veces ao Pleno municipal e agora presentaremos alegacións diante da consellería de medio ambiente”, informou David Carro, portavoz do BNG de Bergondo.
“Este non é o lugar axeitado para unha instalación deste tipo cando na nosa contorna hai polígonos industriais con moitas parcelas valeiras que a poderían acoller en mellores condicións. Ademais a parcela na que se proxecta nin sequera conta con servizos básicos como o saneamento”, explicou o portavoz nacionalista. “Ademais pensamos que non é lóxico nin sostíbel seguir espallando naves por todo o concello, ten que haber espazos delimitados para cada uso”, engadiu.
“Esta instalación, preto de vivendas unifamiliares, causa graves prexuízos a veciñanza que busca a tranquilidade do rural, tales como ruídos, pó, un considerábel aumento de tráfico pesado. Ademais vai ter un forte impacto ambiental nunha zona próxima a zona de especial conservación da Rede Natura 2000" indicou Carro.
Dende o BNG puxéronse a disposición da veciñanza para todo aquelo no que poidan asesorar de cara a presentación de alegacións ao proxecto ou informalos do procedemento.