O BNG apoia a concentración convocada para mañá pola CIG contra o peche da sucursal do Banco Santander de Guísamo
Os nacionalistas xa trasladaran unha moción ao pleno que foi aprobada como declaración institucional por todos os grupos
De 5 sucursais que había no concello, concentrase todo nunha soa no polígono industrial, co grave prexuízo que iso conleva para a veciñanza e o comercio
Bergondo, 22 de abril de 2021. O BNG apoia a concentración convocada para mañá, venres 23 de abril, pola CIG contra o peche da sucursal do Banco Santander de Guísamo. "De 5 sucursais que había no concello, concentrase todo nunha soa no polígono industrial, co grave prexuízo que iso conleva para a veciñanza e o comercio, que ademais se ven obrigadas a agardar largas colas no exterior, á intemperie" explicou o voceiro do BNG David Carro.
"A concentración e centralización bancaria, que orixinou a perda de entidades, tivo efectos moi negativos, situación agravada cos novos procesos en curso, como o ERE do Santander, que provoca a destrución de emprego, 370 postos en Galiza, redución de oficinas, e perda de servizos básicos ou maior dificultade para acceder a eles, sobre todo no rural. A migración a servizos dixitais non é solución para as persoas maiores, ou en lugares onde a fenda dixital é notable" engadiu Carro.